A Pobra celebra este outubro as XXVIII Xornadas Valle-Inclán

O concello da Pobra celebrará este mes a vixésimo oitava edición das xornadas Valle-Inclán. A programación, que conmemora este ano o centenario de Tirano Banderas, inclúe exposicións, presentacións literarias, representacións teatrais e roteiros divulgativos.

As obras da casa da cultura de Boiro estarán rematadas a finais de ano

As obras de ampliación da casa da cultura de Boiro poderían estar rematadas a finais de ano. Así llo comunicaron os responsables da obra ó alcalde nunha visita realizada esta mañá á Cachada para comprobar o avance dos traballos.

Nós Pobra esixe a José Carlos Vidal que entregue a acta de concelleiro e...

A designación dos novos candidatos abre un novo escenario político que xa xerou as primeiras reaccións do resto de actores implicados. Nós Pobra esíxelle a José Carlos Vidal a entrega inmediata da acta de concelleiro e a renuncia á alcaldía.

Goberno e oposición fan balance un ano despois da moción de censura en Ribeira

Un ano despois da súa toma de posesión trala moción de censura, a alcaldesa de Ribeira fixo balance da súa xestión. Acompañada do voceiro dos seus socio de goberno repasaron algúns dos proxectos que conseguiron sacar adiante ó longo destes meses así como as políticas desenvolvidas para mellorar a calidade de vida dos ribeirenses.

O Festival Mares da Fin de Mundo recala en Rianxo do 14 ó 18...

A novena edición do Festival Mares da Fin do Mundo recalará en Rianxo entre o 14 e o 18 de outubro. No auditorio municipal proxectaranse medio cento de documentais sobre as comunidades pesqueiras e desenvolveranse actividades paralelas durante toda a semana.

‘Adestrar sen pantallas’, o deporte como base para previr as adicións aos móbiles

Nace ‘Adestrar sen pantallas’. Trátase dunha nova experiencia da Fundación Galega contra o Narcotráfico que busca promover o uso saudable da tecnoloxía entre a mocidade. O obxectivo é previr posibles adicións vinculadas á internet, aos móbiles, ás redes sociais ou ás apostas. O programa vaise desenvolver en tres localidades da nosa contorna: Vilagarcía, Cambados e Ribeira. En cada municipio, a fundación conta coa complicidade de clubes deportivos e dos seus adestradores, encargados de promover dende o deporte un uso máis responsable das novas tecnoloxías.

O cambio de localización da residencia de Ribeira segue a enfrontar a goberno e...

Tenso pleno o vivido este xoves en Ribeira. A oposición esixiulle ó goberno explicacións sobre o cambio de criterio para emprazar a futura residencia nunha parcela entre Cruxeiras e San Roque, desbotando definitivamente o proxecto das Saíñas. Dende o executivo aclararon que a busca do novo emprazamento realizouse trala modificación da normativa para a construción de edificios públicos en zonas potencialmente inundables.

Congalsa presenta en Conxemar 2026 as súas novidades para a hostalería e a restauración

Congalsa, empresa especializada na elaboración de todo tipo de produtos conxelados a base de peixe e marisco e pratos precociñados, está un ano máis presente en Conxemar, a feira internacional do sector que se celebra estes días no recinto feiral de Ifevi, en Vigo. A firma, con sede na Pobra, acudiu á Conxemar cun espazo propio, duns cen metros cadrados de superficie, para ofrecer as últimas novidades nas súas diferentes marcas propias orientadas ó canal HORECA, a través da súa campaña ‘O mellor está por vir’.

O auditorio de Ribeira convértese en residencia artística de Píscore Teatro

O auditorio de Ribeira acolle ata o 9 de outubro a residencia artística de Píscore Teatro. Os actores ultimarán estes días a posta en escena da súa última montaxe ‘Comed(IA)’ que se estreará o venres no marco da Mostra de Teatro Municipal.

A Deputación da Coruña saca unha segunda edición do programa MercaNaVila

A Deputación presentou a segunda edición do programa MercaNaVila de apoio ó comercio local. O organismo provincial mobilizará nesta campaña uns cinco millóns de euros, con vales de desconto ata 100 euros para poder mercar nos establecementos da provincia con menos de vinte mil habitantes.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete