O goberno rianxeiro continúa coa súa xeira de encontros nas parroquias
O executivo rianxeiro está a celebrar ó longo deste mes de maio un intenso programa de xuntanzas veciñais nas parroquias, co obxectivo de escoitar de primeira man as principais demandas da veciñanza. Estes encontros sérvenlle ó executivo para sondar tamén a súa acción de goberno.
Congalsa incorpora a confraría da Pobra e Cruz Vermella ós beneficiarios da súa andaina
Congalsa celebrará o domingo 24 de maio a décima edición da súa andaina solidaria. Este ano incorpora dúas novidades entre as entidades beneficiarias. A Confraría da Pobra e Cruz Vermella Ribeira súmanse a Cáritas e ICE Renovación.
SOGAPS celebrará un concerto solidario en Ribeira
Arte e música fusionaranse nun espectáculo benéfico en favor de Solidariedade Galega co Pobo Saharaui.Terá lugar o 23 de maio no auditorio municipal a cargo do grupo Boroa e o artista plástico David Cuence. O concerto vén pechar o proxecto educativo ‘Abrigo e Acubillo’ desenvolvido nos colexios de Artes e Olveira durante este curso.
A conselleira do Mar coñece o cocedeiro de OPMEGA en Cabo de Cruz
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, visitou esta mañá as instalacións da Organización de Produtores de Mexillón de Galicia, OPMEGA, en Cabo de Cruz, para coñecer a situación actual da súa actividade. Durante a visita Villaverde destacou a importancia do sector do mexillón coma motor estratéxico da acuicultura galega.
A andaina contra o cancro de Ribeira terá lugar o domingo 16 de maio
Ribeira acolle este vindeiro sábado 16 de maio a quinta edición da andaina contra o cancro, organizada pola xunta local da Asociación Española Contra o Cancro. A marcha, presentada esta mañá, arrancará ás seis da tarde dende a praza do Concello. Agárdase unha participación próxima ás 200 persoas.
Ribeira celebra a segunda edición do ‘Chopo Saleiro’
Por segundo ano consecutivo, e vendo o éxito da primeira edición, Ribeira repetirá coa ruta do chopo. A iniciativa, organizada pola asociación de hostalería Rúa del Sal en colaboración coa lonxa, a confraría de pescadores e o Concello, terá lugar o vindeiro sábado 23 de maio. Ese día porase en valor a esta especie de gran tradición na localidade.
A Plataforma valora a xuntanza coa xerencia como primeiro paso para reducir as listas...
A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza valora positivamente, aínda que con cautela, a xuntanza mantida cos responsables da área sanitaria. Son varias as especialidades nas que xa se están a tomar medidas, como a incorporación de medios técnicos e humanos, para reducir as listas de espera.
A nova edición dos Bonos AmaRibeira contará cun orzamento de cen mil euros
O concello de Ribeira reedita os bonos comercio para animar as vendas antes do período de rebaixas. Serán descontos de ata 30 euros como máximo a aplicar nas compras realizadas nos establecementos adheridos entre o 14 de maio e o 7 de xuño ou ata que se esgote a partida de 100 mil euros.
Ribera acollerá un segundo pase do concerto ‘Grandes Iconas’ durante a semana do Orgullo
Tralo gran éxito do concerto Grandes Iconas celebrado o pasado mes de febreiro, o concello de Ribeira decidiu programar un segundo pase que se incluirá na programación da semana do Orgullo. O espectáculo terá lugar o 5 de xullo e xa se poden adquirir as entradas.
O Subdelegado do Goberno supervisa as obras de retirada do espigón en Taragoña
O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, supervisou esta mañá en Rianxo o inicio das obras de recuperación ambiental que se están a realizar no porto de Taragoña, e que permitirán, unha vez rematadas, a retirada do espigón alí existente. Abalde destacou a importancia desta acción que sufraga o Goberno Central e que permitirá reforzar a resilencia da costa fronte ó cambio climático.

















