A nova edición dos Bonos AmaRibeira contará cun orzamento de cen mil euros
O concello de Ribeira reedita os bonos comercio para animar as vendas antes do período de rebaixas. Serán descontos de ata 30 euros como máximo a aplicar nas compras realizadas nos establecementos adheridos entre o 14 de maio e o 7 de xuño ou ata que se esgote a partida de 100 mil euros.
Ribera acollerá un segundo pase do concerto ‘Grandes Iconas’ durante a semana do Orgullo
Tralo gran éxito do concerto Grandes Iconas celebrado o pasado mes de febreiro, o concello de Ribeira decidiu programar un segundo pase que se incluirá na programación da semana do Orgullo. O espectáculo terá lugar o 5 de xullo e xa se poden adquirir as entradas.
O Subdelegado do Goberno supervisa as obras de retirada do espigón en Taragoña
O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, supervisou esta mañá en Rianxo o inicio das obras de recuperación ambiental que se están a realizar no porto de Taragoña, e que permitirán, unha vez rematadas, a retirada do espigón alí existente. Abalde destacou a importancia desta acción que sufraga o Goberno Central e que permitirá reforzar a resilencia da costa fronte ó cambio climático.
Paideia pecha a segunda edición do Territorio Emprende con catro proxectos para revitalizar o...
A Fundación Paidea clausurou en Padrón a segunda edición de Territorio Emprende, un programa colaborativo centrado nos retos do rural. O proxecto incluíu varias iniciativas realcionadas coa recuperación da memoria colectiva, a inclusión ou a recuperación de terras en desuso.
As bolsas Juan Lampón recoñecen a traxectoria deportiva e académica de seis estudantes do...
O IES Pobra acolleu esta mañá o acto de entrega das bolsas Juan Lampón a seis estudantes da comarca. Nesta vixésimo primeira edición presentáronse 25 solicitudes de alumnos que combinan un excelente expediente académico cunha exitosa traxectoria deportiva.
Dúas citas co remo reunirán esta fin de semana en Cabo de Cruz a...
Cita co remo esta fin de semana en Cabo de Cruz que ademais das regatas de Veteranos We Sea acollerá a primeira bandeira de traineriñas Concello de Boiro. As competicións reunirán no peirao crucense a preto de 800 deportistas.
Arrancan as obras para a eliminación do espigón do porto de Taragoña
Arrancan as obras para a eliminación do espigón do porto de Taragoña, en Rianxo. A actuación, cun orzamento duns 543 mil euros, será financiada por Costas.
A conselleira do Mar recolle as demandas da confraría de Aguiño
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, mantivo esta mañá un encontro co patrón maior da confraría de Aguiño. O motivo da xuntanza, na que tamén tomou parte o presidente de Portos de Galicia, José Antonio Alvarez, foi analizar os últimos investimentos realizados neste porto e recoller tamén as principais demandas do pósito.
Avanzan os trámites para o proxecto de rehabilitación integral do CEIP O Grupo
A Xunta iniciará nas próximas semanas a redacción do proxecto de rehabilitación integral do CEIP O Grupo. Así llo confirmou o Conselleiro de Educación á alcaldesa de Ribeira nunha recente xuntanza na que tamén abordaron outras melloras en centros educativos do municipio.
Mozos e maiores de Rianxo estreitan lazos ó abeiro do programa ‘Talento Interxeracional’
O centro de día de AGADEA en Rianxo e os alumnos do IES Félix Muriel participan no programa Talento Interxeracional que promove a Dirección Xeral de Xuventude. Este proxecto busca conectar as xeracións máis novas coa terceira idade a través de experiencias compartidas moi enriquecedoras.

















