Mozos e maiores de Rianxo estreitan lazos ó abeiro do programa ‘Talento Interxeracional’
O centro de día de AGADEA en Rianxo e os alumnos do IES Félix Muriel participan no programa Talento Interxeracional que promove a Dirección Xeral de Xuventude. Este proxecto busca conectar as xeracións máis novas coa terceira idade a través de experiencias compartidas moi enriquecedoras.
A XII concentración ‘Sen Frenos’ congregará a preto de mil motos na Pobra
Preto de mil motos concentraranse no Paseo dos Areos da Pobra entre o 16 e o 17 de maio. A decimo segunda edición da concentración moteira ‘Sen Frenos’ promete espectáculo e diversión para os amantes do motor.
Barbanza Arousa entrega os premios do circuíto ‘Catro carreiras, unha meta’
A Mancomunidade Barbanza Arousa pechou o circuíto de carreiras populares coa entrega de premios a tódolos clasificados. Foron 60 os corredores que pasaron polo podio para recoller os seus trofeos.
Boiro avanza na rehabilitación do lagar pequeno e as cortes de Goiáns
O concello de Boiro avanza na posta en valor de novas edificacións da finca de Goiáns. O pleno vén de dar luz verde á rehabilitación do antigo lagar e as cortes a través dun convenio coa Deputación da Coruña.
O sector afronta dous meses de veda tras unha campaña do polbo moi positiva
A entrada en vigor da veda do polbo dende o pasado 1 de maio deixa atrás unha boa campaña en termos de descargas e, sobre todo, de facturación cun balance próximo ós 15 millóns de euros en toda Galicia.
A ABE sorteará 2000 euros na campaña ‘Compras con Corazón’
A Asociación Boirense de Empresas volve apostar esta primavera pola campaña ‘Compras con Corazón’. Ademais do sorteo de dous mil euros en vales de compra, esta iniciativa inclúe diversas actividades lúdicas que buscan reforzar o papel do comercio como corazón da vila.
Fin do peche no hospital do Barbanza tras trece días de encerro
Tras trece días de peche, o encerro no hospital do Barbanza chegou á súa fin. A xerencia da área sanitaria accedeu finalmente a reunirse con representantes da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública. A xuntanza terá lugar este venres nas dependencias do centro comarcal.
Congalsa reafirma o seu compromiso co CB Rianxo
Congalsa ratifica o seu compromiso co Club Baloncesto Rianxo. A directora de Relacións Externas da compañía, Isabel Cañas, mantivo un encontro cos membros da súa renovada directiva co fin de coñecer o traballo que desenvolve o Club de fomento da actividade deportiva no municipio en xeral, e en concreto do baloncesto.
O BNG acusa á Xunta de mentir sobre a normativa para paralizar a residencia...
O BNG esixe á Xunta que retome a residencia pública de Ribeira nas Saíñas. Acusan ó goberno autonómico de mentir tras paralizar o proxecto en base a unha modificación da normativa estatal que non se ten producido.
Uns 250 corredores participarán na XXI Carreira da Guía que homenaxeará a María José...
Uns 250 corredores daranse cita o 17 de maio na vixésimo edición da Carreira da Guía. A atleta homenaxeada este ano será María José Martínez Patiño polos seus innumerables méritos ó longo da súa carreira deportiva.


















