Vegalsa-Eroski doa máis de 4000 euros a AMICOS para proxectos medioambientais

Vegalsa-Eroski vén de doar máis de 4000 euros a AMICOS procedentes da recollida e valoración dos residuos depositados polos seus clientes nos supermercados de Galicia, Asturias e Castela e León. Estes fondos irán destinados ós distintos programas medioambientais que ten en marcha a entidade en toda a comarca.

O Pazo de Goiáns volverá acoller a Romaría das Letras o 17 de maio

O Pazo de Goiáns volverá converterse en epicentro cultural o 17 de maio coa tradicional Romaría das Letras. Música e baile tradicional mesturarase con obradoiros, presentacións literarias e un mercado artesán.

O Encontro dos Maiores reunirá a 900 ribeirenses o 10 de maio

Unhas 900 persoas asistirán ó Encontro dos Maiores que se celebrará o domingo 10 de maio en Ribeira. A partir deste luns poderán adquirir as entradas cun custo de 25 euros. Está dirixido a maiores de 60 anos e xubilados, con prioridade para os empadroados en Ribeira.

Arranca en Ribeira o V Torneo de Tenis en Terra Batida A Devesa

Esta tarde arrancaba en Ribeira a quinta edición do Torneo de Tenis a Devesa. No torneo que se prolongará ata o 28 de xuño tomarán parte uns 150 tenistas chegados dende diferentes localidades galegas. Trátase do único torneo que se disputa en terra batida en Galicia, incluíndose as categorías de veteranos, sub-18, dobres, masculina e feminina.

As escavacións no cemiterio de Asados sacan á luz unha antiga necrópole medieval

O Grupo Histagra da USC presentou esta mañá en Rianxo os resultados da escavación desenvolvida a finais do pasado ano no cemiterio rianxeiro de Asados. Aínda que a busca concluíu sen achar os restos de Manuel Piñeiro Abeijón e Francisco López Pérez, os traballos sacaron á luz unha antiga necrópole medieval.

Boiro acolle este sábado o XXXVIII Gran Premio de Promoción Ricardo Riveiro

Boiro acollerá este sábado o 25 de abril a 38 edición do Gran Premio de Promoción Ricardo Riveiro. A proba, que está organizada polo Club Ciclista Barbanza, en colaboración con diversas entidades, entre elas a Federación Galega de Ciclismo ou o propio Concello, vai dirixida ás categorías dende promesas a junior, incluíndo tamén ciclismo inclusivo.

Manuel Losada presenta a súa última novela de misterio ambientada en Boiro

Manuel Losada presentará este venres no Souto de Rubiáns as súas dúas últimas novelas. A intriga e o misterio están garantidos tanto en 'El Eco de las Aguas' como en ‘La sombra de Carmen’, segunda entrega dun relato ambientado en Boiro.

Artes volverá converterse na capital do folk galego coa 3ª edición do Bruón Fest

A parroquia ribeirense de Artes volverá converterse en capital do folk galego co Bruón Fest que se celebrará o 8 e 9 de maio.  Xunto con numerosas agrupacións tradicionais de toda a comarca, participarán nesta terceira edición figuras destacadas como Mondra e Luís Prego.

Tres veciñas de Rianxo logran reter a un ladrón que acababa de roubar nun...

Tres veciñas de Rianxo reteñen a un ladrón que acaba de roubar nun establecemento da localidade. As imaxes recollidas por outra veciña co seu móbil dende a fiestra da súa vivenda viralízanse, tras ser difundidas a través das redes sociais.

80 bailaríns sairán á rúa en Ribeira para conmemorar o Día da Danza

RIBEIRA> Ribeira conmemorará o Día da Danza cunha clase aberta a cargo do Taller Alecrín. Será este domingo a partir das seis da tarde...

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete