A oposición de Ribeira propón revisar o proxecto do carril bici
BNG, PSOE e o grupo de non adscritos presentaron unha moción conxunta solicitando a revisión do proxecto do carril bici entre o casco urbano de Ribeira e Palmeira. Consideran que a proposta do goberno, cun investimento próximo ós 600 mil euros, non garante a seguridade nin a funcionalidade da infraestrutura.
37 equipos medirán forzas no Torneo Fútbol Base Congalsa en beneficio de Aladina
A Pobra volverá convertese durante o mes de maio en capital do fútbol base co Torneo Internacional Congalsa en beneficio da Fundación Aladina. Preto de 40 equipos, con representación internacional, daranse cita no evento entre o 22 e o 24 de maio.
O conselleiro de Educación presenta en Boiro a reforma integral do CEIP Praia Xardín
O conselleiro de Educación, Román Rodríguez, visitou o CEIP Praia Xardín de Boiro unha vez adxudicadas as obras de rehabilitación integral das instalacións por 1,1 millóns de euros. A actuación presentada esta mañá permitirá a mellora do illamento térmico da fachada para unha maior eficiencia enerxética do inmoble incluíndo tamén a renovación da cuberta e da carpintería exterior.
Protestas no Barbanza para denunciar o incremento das listas de agarda
O hospital do Barbanza foi escenario ó longo desta mañá dunha concentración continua para denunciar o incremento das listas de agarda. Dende a plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza demandan unha xuntanza co xerente da área e o director do hospital para abordar o retraso nas consultas de revisión que non se inclúen nas listaxes oficiais.
A Xunta inviste un millón de euros en cursos para mellorar a empregabilidade no...
A delegada territorial da Xunta visitou esta mañá as instalacións da academia Yara en Ribeira onde se está a impartir un curso para mellorar a empregabilidade. No Barbanza desenvolveranse un total de 13 accións formativas cun investimento dun millón de euros.
Ribeira contará antes do verán cun paseo máis accesible nas Carolinas
Adxudicada a remodelación do Paseo das Carolinas. A empresa Transmaser Excavación será a encargada de executar a obra que suporá unha fonda transformación do inicio do paseo marítimo de Coroso. A actuación estará rematada no mes de xuño.
O BNG demanda un plan de investimentos para os portos de Ribeira
O BNG levará ó Parlamento unha serie de iniciativas sobre o mal estado en que se atopan os portos de Ribeira. Demandan que se garanta o mantemento básico en materia de limpeza, pavimentación e seguridade. Mentres non sexa así esixen a Portos unha exención no pago das taxas.
Os empresarios de Ribeira poñen en xogo un premio de mil euros polo Día...
A Asociación de Empresarios de Ribeira volve sortear mil euros como premio estrela da campaña do Día da Nai. Repartiranse ademais outros agasallos como ceas e vales para compra ou gasolina.
Aberto o prazo para reservar posto no Maio Vintage de Boiro
O sábado día 2 de maio terá lugar unha cita xa consolidada no calendario de eventos de Boiro. O Maio Vintage reunirá na rúa peonil a numerosos colectivos e asociacións con diferentes propostas que buscan dinamizar o tecido comercial e hostaleiro da vila.
A Feira de Emprego de Boiro convértese no punto de encontro de empresas e...
O centro de formación e viveiro de empresas de Boiro acollía esta mañá a Feira do Emprego. A iniciativa, que chega este ano a súa terceira edición, tivo como obxectivo impulsar o talento e a economía local. Ademais de foros e charlas, a xornada contou coa participación de diferentes empresas, non só da localidade senón tamén de fóra.

















