Ribeira dá un novo paso para a apertura do concello coa licitación de parte...

O concello de Ribeira vén de sacar a licitación parte do mobiliario da casa consistorial co obxectivo de poder abrir canto antes a instalación. Licitouse tamén o alumeado exterior da praza onde veñen de finalizar as obras de accesibilidade en toda a contorna.

Ribeira promove a integración a través da inmersión lingüística

Ribeira volve apostar pola promoción da lingua galega a través dunha nova convocatoria de cursos de iniciación. Impartiranse durante o mes de outubro da na casa da Xuventude e están dirixidas a persoas que se achegan por primeira vez á lingua, sen ningún coñecemento previo.

Ribeira avanza na xestión sostible de residuos

Ribeira aposta pola sostibilidade na xestión de residuos a través de novos contratos que permitirán avanzar na recollida separativa e na reciclaxe. Ademais do reparto de composteiros domésticos, realizarase unha campaña para a xestión do residuo téxtil e habilitarase un punto limpo de proximidade.

Música, teatro e cine serán as ofertas culturais de Boiro para este outono

O concello de Boiro programou unha ampla e variada axenda cultural para estes meses de outono. As propostas volven apostar polo teatro, a música e o cinema coma eixos principais.

Os ribeirenses volverán celebrar o Día da Hispanidade con deporte

Os ribeirenses terán unha cita co deporte o próximo 12 de outubro. A Escola de Boxeo El Canario organiza por terceiro ano consecutivo a Milla da Hispanidade. Haberá premios para os tres primeiros clasificados na categoría absoluta.

O Xantar de Confraternidade da Pobra reunirá a 750 persoas o 30 de outubro

750 persoas participarán no Xantar de Confraternidade da Pobra que se celebrará o 30 de outubro no pavillón de Venecia. As entradas, a un prezo de 18 euros, poderán adquirirse dende o próximo luns na casa do concello. Terán prioridade as persoas empadroadas no concello.

O presidente da Deputación da Coruña pon en valor o labor da confraría de...

O presidente da Deputación da Coruña visitou esta mañá o concello de Ribeira para supervisar algunhas das obras financiadas pola administración provincial do municipio. Acompañado pola alcaldesa, María Sampedro, desprazouse ata a estrada 7304 na que..

O concello de Boiro habilita un local para a comunidade de montes no centro...

O concello de Boiro vén de acondicionar un local para a comunidade de montes no centro social de Cespón. Emprázase na parte superior do inmoble que fora executado con fondos da entidade trala cesión dos terreos por parte da administración local.

A Festa da Bici reunirá este domingo en Boiro a uns 800 participantes

Boiro celebra este vindeiro domingo a quince edición da Festa da Bici. A cita, organizada polo Concello e promovida polo Club Ciclista Barbanza, reunirá a preto de 800 participantes. A proba non terá un carácter competitivo e a súa finalidade non é outra que a promoción do deporte das dúas rodas.

A Creba combate a estigmatización dos problemas da saúde mental cunha nova edición de...

A Asociación A Creba convoca a terceira edición do certame de relatos ‘Ecos da Mente’. Trátae dunha iniciativa encamiñada a visibilizar os problemas de saúde mental, que se desenvolverán en colaboración co concello de Ribeira.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete