‘En voz baixa’ ofrecerá un concerto solidario en beneficio da Fundación Aladina

Os pobrenses volverán facer gala da súa solidariedade no concerto organizado pola asociación das Amas de Casa en beneficio da Fundación Aladina. Será este sábado 28 no Teatro Elma a cargo do dúo ‘En voz baixa’.

Ribeira será sede do Campionato Galego da Clase ILCA

Ribeira acollerá esta vindeira fin de semana, do 28 ó 30 de marzo, o Campionato Galego da clase ILCA. A proba, organizada polo Club Náutico e a Federación Galega de Vela, contará coa participación dun cento de regatistas chegados dende diferentes clubs de toda Galicia.

A Deputación da Coruña premia ós mellores deportistas, clubs e entidades da provincia

A Deputación da Coruña entregou os Premios do Deporte no transcurso dunha gala que tivo lugar o pasado venres pola noite no Teatro Colón da Coruña. O acto, que reuniu a centos de deportistas, clubs e entidades colaboradoras, serviu para recoñecer o traballo e os éxitos do deporte a nivel provincial.

Oito combates, un deles profesional, completan a XIV Velada de Boxeo ‘Cidade de Ribeira’

Ribeira acollerá o vindeiro sábado 28 de marzo a XIV Velada de Boxeo que organiza o Club ‘EL Canario’. Será no pavillón Torres Colomer de Palmeira e constará de 8 combates, un deles profesional.

O BNG de Ribeira reclama maiores investimentos nas instalacións portuarias

O BNG de Ribeira denuncia o estado de abandono de boa parte das instalacións portuarias do municipio. Piden a Portos de Galicia investimentos por valor de 150 mil euros para garantir o mantemento das instalacións e a seguridade dos usuarios.

As futuras estrelas do volei galego daranse cita en Rianxo

Rianxo acollerá o domingo 29 de marzo o Torneo Futuras Estrelas. A actividade está organizada polo Club Voleibol Rianxo e a Federación Galega de Volei, en colaboración co Concello.

A alameda da Pobra acolle unha mostra sobre a camelia na provincia da Coruña

A Pobra acolle a exposición ‘A Camelia na provincia da Coruña’. A mostra, organizada Asociación Española da Camelia con financiamento da Deputación da Coruña, poderá visitarse nos xardíns de Valle-Inclán ata este domingo.

A flota pesqueira reclama axudas directas para afrontar a suba do combustble

A flota pesqueira reclama axudas directas ó sector para afrontar a suba do prezo do combustible. O incremento dos custos está a poñer en serias dificultades á flota artesanal que nalgúns casos optou por reducir a actividade ante a escasa rendibilidade.

Avanza a tramitación da futura unidade oncolóxica do Hospital do Barbanza

Avanza a bo ritmo un dos principais proxectos en materia sanitaria para o Barbanza. A licitación da redacción da Unidade Oncolóxica no hospital comarcal permitirá poñer en marcha este servizo ó longo do próximo ano. Os pacientes con doenzas oncolóxicas ou hematolóxicas, poderán recibir tratamentos e realizar probas sen ter que desprazarse ata Santiago.

Ribeira implica ós escolares na celebración do Día do Libro cun concurso de marcapáxinas

O concello de Ribeira  e a biblioteca municipal convocan a quinta edición do concurso de marcapáxinas para conmemorar o Día do Libro. Vai dirixido a escolares de primeira que deben plasmar debuxos ou textos alusivos á lectura.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete