Corrubedo acolle unha andaina solidaria en favor de dúas asociacións animalistas
O Club Natural Sport, en colaboración con diversas entidades do municipio, organiza unha andaina solidaria en favor de dúas protectoras de animais. Desenvolverase o 29 de marzo na contorna de Teira, en Corrubedo, e ademais da modalidade a pé, haberá unha proba canina e outra a cabalo.
O BNG de Ribeira demanda medidas para frear a vaga de roubos
O BNG de Ribeira esixe medidas contundentes para frear a vaga de roubos que asola ó municipio. Instan ó goberno a incrementar a presenza policial nas rúas para frear a escalada de delincuencia que preocupa a veciños e empresarios da vila.
A Xunta compromete o apoio para o desenvolvemento do polígono e a reforma do...
A alcaldesa de Ribeira mantivo unha xuntanza co presidente da Xunta quen lle trasladou o compromiso de acometer varias actuacións no municipio. Ademais da rehabilitación integral do CEIP O Grupo, Alfonso Rueda referiuse á vontade de colaborar co desenvolvemento do polígono industrial.
A Pobra conmemorará o Día da Poesía cun recital aberto á veciñanza
A poesía volverá estar moi presente na Pobra que volverá conmemorar o Día Mundial deste xénero literario. Será cun recital poético e posterior sesión de micro aberto que se celebrará este venres no auditorio da biblioteca municipal.
A confraría da Pobra insta á Xunta a habilitar unha partida de emerxencia ante...
Ó igual que noutras moitas confrarías da ría de Arousa, a situación na Pobra é crítica. A caída de ingresos procedentes do marisqueo deixou ó pósito en números vermellos. Aínda que xa están inmersos nun ERE dende hai máis dun ano, non descartan ter que tomar outras medidas máis drásticas se a situación non mellora.
Rianxo en Común fai balance dos seus mil días no goberno
O goberno de Rianxo fixo balance da súa xestión cando se cumpren 1000 días dende a investidura. Acompañado polos concelleiros das distintas áreas, o alcalde destacou os importantes investimentos e servizos impulsados ata o momento así como os proxectos que pretenden materializar neste ano que queda de mandato.
A PDRA trasládalle ó delegado do goberno a preocupación polo punto de vetido en...
O Delegado do Goberno en Galicia mantivo un encontro con representantes da Plataforma en Defensa da Ría de Arousa en Boiro. Ademais de trasladarlle a súa oposición ó punto de vertido de áridos na contorna da Illa de Sálvora, os representantes da entidade expuxeron tamén outras demandas como a exención das cotas á Seguridade Social das mariscadoras ou a modificación do Regulamento de Costas.
O presidente da Deputación da Coruña fai balance en Ribeira dos investimentos do POS
O presidente da Deputación da Coruña fixo balance esta mañá en Ribeira do Plan provincial de Obras e Servizos. Dende a súa posta en marcha, este programa leva investidos na comarca do Barbanza máis de 111 millóns de euros.
AMICOS implica ó tecido comercial na campaña de concienciación sobre o autismo
AMICOS lanza unha campaña de concienciación sobre o autismo en colaboración co tecido comercial, institucional e educativo de toda a comarca. Baixo o lema ‘Unha rede que inclúe’ a entidade busca visibilizar este trastorno.
Boiro anima a vivir a súa Semana Santa
BOIRO> Boiro foi madrugador para a presentación dos actos da súa Semana Santa. As actividades que se celebrarán entre o 21 de marzo e...

















