A Casa da Xuventude de Ribeira acolle un programa de ocio saudable para mozos

A Casa da Xuventude de Ribeira encherase de vida co programa ‘Por fin é finde’. Trátase dunha iniciativa dirixida a mozos a partir de 12 anos que pretende ofrecerlles un espazo de encontro e unha oferta de lecer saudable.

O concello de Ribeira traslada á Xunta varias propostas de terreos para a residencia

A alcaldesa de Ribeira, María Sampedro, avanza con Política Social a que será a construción da futura residencia da localidade. A rexedora María Sampedro trasladoulle xa á Consellería varias posibles localizacións para poder desenvolver este importante proxecto para o municipio.

A nave de Cerqueira xa é de tódolos ribeirenses

A antiga fábrica de Cerqueira xa é patrimonio de tódolos ribeirenses. O concello oficializaba esta mesma mañá a compra deste inmoble de gran valor patrimonial por valor de medio millón de euros.

Fabiola García felicita ós remeiros de AMICOS polos seus éxitos no Campionato de España

A Conselleria de Política Social visitou esta mañá as instalación de AMICOS en Comoxo. Alí tivo ocasión de felicitar ós deportistas de remoergómetro que veñen de acadar grandes éxitos no Campionato de España disputado en Cartagena.

A EDAR de Couso incorporará un sistema de desinfección UV

A implantación do sistema de desinfección ultravioleta suporá importantes melloras na EDAR de Couso. O concello de Ribeira vén de adxudicar o contrato por máis de 95 mil euros.

Barbanza Arousa entrega os premios do ‘+ Que Tapas’

A Mancomunidade Barbanza Arousa entregou esta mañá na Pobra os premios da Ruta ‘Máis que Tapas’ que se desenvolveu durante os meses de novembro e decembro pasado. Na presente edición tomaron parte uns 34 establecementos dos catro concellos que integran a entidade. A mellor tapa en Rianxo foi para o restaurante ‘Aghro da Corna’; en Boiro para ’La Tablita‘; na Pobra para o bar ‘La Calle’ e en Ribeira para a ‘Recoveira’.

A consellería do Mar continúa coas mostraxes para avaliar o impacto do temporal nas...

A titular do Mar, Marta Villaverde visitaba a zona da enseada de Beluso, para continuar cos traballos de avaliación e mostraxe que a Consellería está a realizar nos bancos marisqueiros de toda Galicia. Uns traballos que, segundo ela, se prolongarán durante as vindeiras semanas co fin de ver con detalle a situación real das distintas concesións.

Preocupación en Ribeira ante unha nova vaga de roubos en locais comerciais e hostaleiros

Outra fin de semana máis no que os amigos do alleo volveron facer das súas en Ribeira. Ademais de tentar entrar nunha cafetería causando importantes danos, lograron acceder a un local comercial de onde levaron cartos da caixa rexistradora.

O concello da Pobra pon en marcha un servizo de asesoramento xurídico para inmigrantes

O concello da Pobra vén de poñer en marcha un servizo de asesoramento xurídico especializado en estranxeiría. Será prestado polas avogadas da Asociación de Migrantes de Galicia na sede de Servizos Sociais da Pobra.

Ribeira porá en valor o papel da muller no deporte para conmemorar o8M

Ribeira xa está inmersa na celebración da Semana da Muller cunha ampla programación en torno ó 8 de marzo. O deporte será o eixo condutor de gran parte das actividades que pretenden poñer en valor o papel feminino no ámbito deportivo.

REDES SOCIAIS

40,766FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete