Barbanza saúda ó ‘Entroido’ a pesar do mal tempo
A comarca do Barbanza viviu a fin de semana grande do entroido con festivais e concursos de disfraces. Aínda que moitos concellos decidiron suspender boa parte do cartel de actividades debido ó mal tempo, outros pola contra seguiron adiante co programa. É o caso de Boiro que volveu reunir na tarde do sábado a centos de veciños na praza de Rebelar, na Boliña, coa tradicional festa da orella de porco.
O concello de Boiro promovea integración laboral das persoas con discapacidade a través da...
O concello de Boiro e a Fundación ONCE asinaron un convenio de colaboración para a inserción sociolaboral das persoas con discapacidade. Promoveranse accións conxuntas de formación, capacitación e orientación así como un servizo de mediación coas empresas e o tecido asociativo.
A asociación de empresarios de Ribeira demanda máis presenza policial nas rúas
Continúa a vaga de roubos en Ribeira. Desta volta foi nunha panadería onde un delincuente habitual logrou subtraer 600 euros da caixa a plena luz do día. A asociación de empresarios da localidade demanda máis presenza policial para disuadir ós ladróns.
Unha xestora coordinará o proceso de constitución da nova executiva do PSOE de Ribeira
Unha xestora presidida polo ex alcalde de Noia, Jesús Díaz Fornas, será a encargada de dirixir o proceso para a constitución da nova executiva local. O obxectivo é consolidar unha dirección forte e estable de cara ás eleccións municipais de 2027.
Seguen os roubos en Ribeira
A vaga de roubos en Ribeira non parece ter fin. E iso a pesar da detención nas últimas horas dun dos principais sospeitosos. Os últimos afectaron a un establecemento hostaleiro, a unha casa de xogo e a unha panadería emprazada en pleno centro urbano.
O concello de Ribeira avanza na renovación de servizos básicos en Aguiño
Ribeira segue a avanzar na dotación de servizos básicos ás parroquias. O concello está a executar dúas actuacións en Aguiño financiadas con fondos propios que ascenden en total a 20 mil euros.
O BNG propón crear unha ampla zona verde nas Carolinas
O BNG de Ribeira presenta unha proposta para crear un gran espazo verde na avenida das Carolinas, na que se inclúa tamén unha ampla zona de estacionamento. Segundo os nacionalistas, o proxecto enmarcaríase no seu modelo de cidade, poñendo ás persoas no centro.
Rianxo e Boiro impulsan de xeito conxunto a construción dun centro de acollida de...
Rianxo e Boiro traballan de xeito conxunto na habilitación dun centro de acollida de animais abandonados. O proxecto, para o que buscan financiamento, forma parte da nova liña de colaboración iniciada dende a Mancomunidade Barbanza Arousa, co fin de optimizar os recursos públicos e abaratar custes.
Ribeira solicita reforzo policial para garantir a seguridade durante o Entroido
En Ribeira, o concello e as forzas da orde seguen a traballar conxuntamente para garantir a seguridade veciñal tralos últimos episodios delitivos rexistrados no municipio. A alcaldesa, María Sampedro, mantivo un encontro coa policía local que reforzará a vixilancia naqueles puntos máis conflitivos.
Usuarios de AMBAR mergúllanse no medio mariño a través dunha experiencia inmersiva da Deputación
Os usuarios de AMBAR tiveron ocasión de explorar a diversidade dos fondos mariños a través dunha experiencia inmersiva promovida pola Deputación da Coruña. Trátase do obradoiro ‘Mergullando sen nos mollar’ desenvolvido pola cooperativa ’13 Grados’

















