O BNG de Ribeira propón investir o 1’7 millón de euros do POS en...
O BNG de Ribeira propón investir 1’7 millóns de euros nas parroquias. A proposta presentada polos nacionalistas iría con cargo ó Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña para este ano 2026. As actuacións, que foron recollidas da propia veciñanza, daríalle prioridade ós servizos básicos.
Ribeira tramita as primeiras multas por depositar lixo na vía pública
O concello de Ribeira traballa na mellora do sistema de recollida selectiva do lixo. Ademais das numerosas campañas informativas que están en marcha, incrementouse o control sobre o depósito de residuos na vía pública, infracción pola que xa se teñen tramitado as primeiras multas.
A Xunta investiu máis de 430 mil euros en melloras nos polígonos do Barbanza
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, comprobou esta mañá os traballos de renovación do firme levados a cabo en varias vías do parque empresarial da Tomada con fondos a unha subvención da consellería de Economía e Industria. A actuación, cun orzamento duns 110 mil euros, permitiu mellorar o estado da vía e as condicións de seguridade.
Rianxo licita novas actuacións de abastecemento de auga e saneamento
O executivo rianxeiro vén de sacar estes días a licitación as obras de ampliación das redes de abastecemento e saneamento en Villanustre, na parroquia de Asados, e a ampliación da rede de abastecemento de auga entre Corques e Outeiro, en Taragoña. Estas tres actuacións súmanse a outras obras xa adxudicadas a finais do ano pasado, que suman no seu total uns 800 mil euros de investimento.
Ribeira convocará a xunta local de seguridade en busca de medidas para frear a...
A alcaldesa de Ribeira convocará a próxima semana a xunta local de seguridade para abordar o incremento de roubos no municipio. Tamén mantivo encontros coas asociacións de hostaleiros e empresarios para analizar as medidas que están a adoptar en colaboración cos corpos policiais.
15 expertos participarán no XIX Encontro Arqueolóxico que se celebrará en Boiro a finais...
O Pazo de Goiáns acollerá entre o 28 de febreiro e o 1 de marzo a decimo novena edición do Encontro Arqueolóxico do Barbanza. Abordaranse investigacións tan destacadas como os últimos achados da Sima dos Osos na serra de Atapuerca.
A aprobación das obras do POS 2026 centrará a atención do pleno deste xoves...
Mañá xoves, a corporación municipal de Rianxo celebra o pleno ordinario correspondente a este mes de xaneiro. Na orde do día figuran un feixe de puntos, entre os que se atopa a aprobación das obras incluídas no Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña para este 2026. Segundo o equipo de goberno trátase de proxectos para seguir avanzando na mellora de accesos a núcleos e na ampliación dos servizos de auga e saneamento nas parroquias.
O concello de Boiro cede a AMBAR un edificio en Praia Xardín para habilitar...
O concello de Boiro e a asociación AMBAR asinaron esta mañá un convenio para a cesión dun edificio en Praia Xardín. A entidade habilitará no inmoble seis vivendas sociais con distintos usos que buscan promover a autonomía das persoas con diversidade funcional.
O legado de Manuel Ayaso será patrimonio dos ribeirenses
Ribeira inicia o camiño para que o legado de Manuel Ayaso permaneza no concello. A corporación municipal aprobou por unanimidade a aceptación da doazón das súas obras co compromiso de abrir unha sala para a súa exhibición nun prazo máximo de cinco anos.
Ribeira avanza na compostaxe coa campaña ‘Ti tes a chave’
O concello de Ribeira está a desenvolver unha campaña divulgativa sobre o uso do contedor marrón. Durante a xornada de hoxe martes, estivo instalada unha mesa informativa na rúa de Galicia onde ademais os cidadáns puideron recoller as chaves para a apertura destes colectores.

















