Mesas informativas, charlas e un musical solidario integran a campaña da AECC de Ribeira
A Xunta Local da Asociación Española contra o Cancro de Ribeira desenvolverá a próxima semana diversos actos no marco da campaña conmemorativa do Día Mundial contra esta doenza. Haberá mesas informativas, charlas e mesmo unha gala solidaria a cargo de Mimarte.
O BNG de Ribeira insiste na necesidade de reforzar o servizo de Correos
O BNG de Ribeira leva ó pleno unha moción na que incide na necesidade de reforzar o servizo de Correos no municipio. Os nacionalistas sinalan que o persoal actualmente é insuficiente para garantir un bo funcionamento do servizo, nun Concello no que a poboación supera os 27 mil habitantes. Piden tamén que se implanta o servizo de Correos Pay nas parroquias.
‘Galicia Calidade’ reivindica a excelencia turística en Fitur
Galicia presentou esta mañá en Fitur a súa proposta turística, este ano baixo o marchamo de ‘Galicia Calidade’. Na súa presentación oficial o titular do Goberno Autonómico, Alfonso Rueda, incidiu no enorme potencial da nosa comunidade, que ano tras ano se coma un destino atractivo e cada vez máis recoñecido.
O PSOE de Rianxo demanda medidas para incrementar a seguridade viaria e cidadá
O PSOE de Rianxo vén de solicitar unha xuntanza co alcalde para analizar cuestións de seguridade no municipio. Ademais da alta sinistralidade nalgúns puntos de estradas autonómicas, os socialistas amosan a súa preocupación ante o incremento da inseguridade cidadá.
Dous alumnos do CPR Divino Maestro da Pobra farán prácticas laborais en Madeira no...
Dous estudantes do Centro de Formación Profesional Divino Maestro da Pobra participarán no programa ErasmusPro. Realizarán prácticas en empresas da rexión insular de Madeira durante catro meses.
Barbanza Arousa propón en Fitur unha viaxe a través dos sabores
A mancomunidade Barbanza-Arousa está presente un ano máis en Fitur para dar a a coñecer a súa oferta turística. A Madrid a entidade levou unha proposta que pretende reforzar o seu posicionamento enogastronómico e, de paso, presentar a súa estratexia de experiencias de alto valor engadido.
O BNG pide a mediación da Xunta para solucionar a crise do transporte público...
O BNG de Ribeira pide á Xunta de Galicia maior implicación na negociación do convenio colectivo do transporte de viaxeiros por estrada, un sector que permanece en folga dende finais do pasado ano. Ademais do seu papel como mediador, os nacionalistas lembran ó goberno autonómico a necesidade de esixir á empresa concesionaria o cumprimento das condicións para garantir un servizo eficiente e de calidade.
A confraría de Aguiño participa nun plan para retirar o reló das súas concesións
A confraría de Aguiño participa nun plan autonómico para a extracción de reló das súas autorizacións. Este recurso, que actualmente non pode comercializarse polos altos niveis de metais pesados, está a invadir o espazo destinado a ameixa que pode derivar nunha baixada da produtividade.
A Asociación Francisco Lorenzo Mariño celebra a súa XXI Semana Cultural
A Asociación Cultural Francisco Lorenzo Mariño de Aguiño celebra a partir de mañá a vixésimo primeira edición da súa Semana Cultural. Ademais dos actos lúdicos e culturais, desenvolverase unha ofrenda floral ante a sepultura do antigo párroco de Aguiño que dá nome á asociación.
O concello da Pobra estudará con Costas posibles solucións ós danos no paseo dos...
O concello da Pobra busca unha solución integral ós problemas que presenta o paseo dos Areos, con risco de derrube en varios treitos. Nunha próxima reunión coa Demarcación de Costas, o alcalde da Pobra proporá retomar o proxecto que contemplaba a demolición da maior parte da estrutura para a recuperación do espazo natural.


















