Ribeira inicia a tramitación para a cesión dos terreos da futura residencia
O concello de Ribeira avanza nas xestións da futura residencia de Ribeira. No pleno da pasada tarde aprobábase o rexistro da parcela no inventario de bens municipais así como o cambio de titularidade para a súa cesión á Xunta de Galicia.
As confrarías afrontan a campaña de libre marisqueo cos tres bancos principais pechados
A campaña do libre marisqueo limitarase ás outras zonas trala decisión da Xunta de manter pechados os tres grandes bancos. A medida busca favorecer a recuperación dos Lombos, Cabío e O Bohído que se atopan baixo mínimos. Os rañeiros poderán acollerse ás axudas do FEMPA para paliar a perda de ingresos.
Balance positiva da visita institucional do presidente da Deputación da Coruña a Bos Aires
A visita institucional do presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, a pasada semana a Bos Aires, estivo marcada por unha axenda centrada en reforzar os vínculos coa diáspora galega e impulsar a cooperación nos ámbitos cultural, científico e da memoria democrática. Dous dos actos principais da súa visita foron os encontros mantidos na Federación de Asociacións Galegas da República Arxentina e coas representantes da Asociación Madres de Plaza de Mayo.
A Xunta financia a adquisición da nova furgoneta adaptada de Agadea Alzheimer en Ribeira
A directora xeral de Mobilidade, Judit Fontenla, entregou esta mañá en Ribeira, á asociación Agadea, a nova furgoneta adaptada da que disporá a entidade. O novo vehículo, cuxa adquisición foi posible grazas a unha achega da Xunta de preto dos 49 mil euros, será destinada a mellorar o transporte e facilitar o acceso das persoas usuarias do centro de día.
A Xunta avanza na modernización das prazas de abastos coa ampliación da Rede de...
A Xunta de Galicia avanza no Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030 consolidando a súa Rede de Mercados Excelentes. Sete prazas de abastos contan xa con este selo de calidade que distingue non só as instalacións e os produtos senón tamén o trato personalizado e os servizos que ofrecen.
Boiro inviste preto de 200 mil euros nos campos de Barraña e Vista Alegre
O executivo boirense inviste preto de 200 mil euros na posta a punto de varias instalacións deportivas municipais, en con creto nos campos de fútbol de Barraña e Vista Alegre. As dúas instalacións deportivas foron renovadas para este inicio de temporada.
A Asociación de Xubilados de Boiro volve demandar unha residencia pública
A Asociación de Xubilados de Boiro insiste na necesidade de construír unha residencia pública no municipio. Despois de manter unha xuntanza co director xeral de Maiores, Antón Acevedo, este confirmoulle que o Concello non puxo a disposición da Xunta os terreos necesarios para poder acometer esta importante actuación.
PP e BNG responsabilizan ó concello dos cortes de auga polo mal estado da...
Aínda que a pasada tarde se restablecía por completo o subministro de auga no concello de Boiro, os cortes producidos ó longo desta semana seguen sendo obxecto de debate entre goberno e oposición. O PP acusa ó concello de tentar descargar responsabilidades sobre Augas de Galicia cando as avarías, din, producíronse na rede municipal e non na estación potabilizadora de Padrón.
O concello de Boiro insiste en que os problemas de abastecemento derivan da seca...
Dende o concello de Boiro volveron explicar que a situación vivida esta semana é froito da seca prolongada tal e como evidencia a súa inclusión na lista de 74 municipios en situación de seca prolongada.
O BNG levará novamente ó Parlamento a precaria situación da atención primaria no Barbanza
O BNG da Barbanza levará novamente ó Parlamento a situación de precariedade da atención primaria nos centros de saúde e nos PAC da comarca. Os nacionalistas denuncian que en todos eles a día de hoxe séguese con fallas de persoal, o que deriva no incremento das listas de agarda e provoca tamén a saturación do resto de facultativos que vén aumentado o seu número de pacientes.


















