A Xunta financia a adquisición de tres embarcacións para o Club Piragüismo Rías Baixas
A delegada territorial da Xunta na Coruña visitou esta mañá a sede do Club de Piragüismo Rías Baixas en Boiro. A entidade resultou beneficiaria de diversas liñas de axuda autonómicas para a adquisición de novas embarcacións e o patrocinio en alta competición.
Ribeira despedirá o ano cunha San Silvestre solidaria
Ribeira pechará o ano coa segund edición do Carreira San Silvestre. A proba, organizada pola Escola de Boxeo El Canario e o Club Natación Ribeira, terá un fin solidario posto que os fondos recadados mediante donativos irán a favor da pequena Daniela Otero que padece unha enfermidade ultrarrara.
O Club de Atletismo Barbanza denuncia o mal estado da pista da Alta
O Club de Atletismo e Deportes do Barbanza denuncia o precario estado en que se atopa a pista de atletismo da Alta. A falla de mantemento, nunha instalación que conta xa con máis de tres décadas, implica moitas limitacións para o seu uso supoñendo mesmo un risco para os deportistas que alí adestran.
Boiro dispón xa de vivenda de emerxencia social
Boiro dispón xa dunha vivenda para destinala a usos sociais. Está emprazada en Praia Xardín, na antiga vivenda dos mentres. A súa rehabilitación supuxo un investimento total de preto dos 100 mil euros, dos que unha parte se financiaron a través do POS de servizos sociais extraordinarios da Deputación da Coruña.
Rianxo acolle ata o domingo o Festival Internacional ‘Mares da Fin do Mundo’
Rianxo acolle estes días a oitava edición da Mostra Internacional de Cinema Documental ‘Mares da Fin do Mundo’. A cita, que se desenvolverá ata o domingo, está patrocinada pola Deputación da Coruña, o concello de Rianxo e a Xunta de Galicia.
Ribeira segue a demandar médicos para reducir as listas en atención primaria
Nova concentración en defensa da sanidade pública en Ribeira. Ducias de persoas manifestáronse como cada xoves para reclamar máis persoal sanitarios nos centros de saúde de Ribeira e de Aguiño. Este último non conta con ningún facultativo no mes de decembro.
A orquestra Sons rende tributo ós referentes da música LGTBI
A orquestra Sons renderá tributo a músicos que ó longo da súa carreira contribuíron a dignificar o colectivo LGTBI. No concerto previsto para o 1 de febreiro, subirán a escena un cento de artistas de toda Galicia para interpretar temas icónicos de Rocío Jurado, Alaska ou Tino Casal, entre outros.
Comezan as obras para a transformación integral da Casa da Cultura de Boiro
Iniciadas as obras de rehabilitación da casa da cultura de Boiro, un dos proxectos máis ambiciosos do concello. A actuación, cun orzamento próximo ós catro millóns de euros, suporá a renovación integral do actual inmoble, emprazado no parque da Cachada.
Chuvia de propostas culturais para este Nadal en Ribeira
O Nadal chegará a Ribeira cargado de cultura. A oferta de actividades para estas datas inclúe propostas para tódolos públicos, con especial presenza dos máis pequenos.
A ABE sortea este Nadal 3000 euros entre os clientes dos seus asociados
Este mércores día 10 arrancará en Boiro a campaña de Nadal da ABE que repartirá máis de 3000 euros en premios. Haberá tamén cincocentos agasallos directos para as primeiras compras así como actividades complementarias dirixidas especialmente ós máis pequenos.


















