Un cento de persoas participa na ‘Andaina dos Xoguetes’ de Cruz Vermella
Ribeira acollía esta fin de semana a andaina solidaria da Cruz Vermella. A iniciativa, na que colaborou o Club de Montaña Sachacamiños, reuniu a preto dun cento de persoas. A finalidade da andaina non era outra que recoller fondos para a entidade e destinalos á compra de xoguetes para aquelas familias do municipio en situación de vulnerabilidade.
O concello da Pobra executa a limpeza dos ríos para previr desbordamentos
O concello da Pobra está a acometer a limpeza do cauce do río Lérez no seu treito urbano para evitar desbordamentos durante a época de chuvias. Os operarios municipais procederon á retirada de sedimentos e restos de vexetación acumulados en varios treitos.
Tahume levará a escena a un cento de pequenos artistas no seu festival de...
Preto dun cento de nenos participarán no Festival de Nadal da asociación cultural Tahume que se celebrará o 14 de decembro no auditorio de Ribeira. Xunto cos alumnos da agrupación, subirán á escena dous grupos convidados: A Carrabouxa de Teo e e a asociación cultural Nós de Sobradelo.
O executivo boirense aclara a suba nos recibos da auga
BOIRO> O tenente de alcalde, Luís Ruíz, saíu ó paso das queixas de numerosos veciños e tamén dos grupos da oposición pola suba dos...
Ribeira acollerá a final galega do ‘Nada e Corre’
Ribeira será sede da final do ‘Nada e Corre’. A actividade, organizada polo Club Natación Ribeira en colaboración coa Federación Galega de Triatlón e Pentatlón Moderno, terá lugar no complexo deportivo da Fieiteira o domingo 14 de decembro.
AMBAR volve apostar polas series de ficción no seu calendario solidario
Xa está á venda o calendario solidario de AMBAR. Un ano máis reproduce as portadas de series de ficcións españolas e galegas cuns actores de excepción. O resultado das fotografías, tomadas por Pichero, foi presentado esta mañá no Teatro Elma da Pobra.
Éxito do Laboratorio Ecosocial do Barbanza como modelo de xestión sostible do monte
O Pazo do Martelo de Rianxo acolleu esta mañá o acto de presentación dos resultados do Laboratorio Ecosocial do Barbanza tras dous anos de traballo pola xestión sostible dos montes. Ademais de diversas administracións, no proxecto impulsado pola Fundación RIA participan a Plataforma pola Defensa do Monte e as comunidades de montes de Rianxo.
Bailadela e As Sete Linguas subirán ó escenario en beneficio de Cruz Vermella
As citas solidarias seguirán a sucederse durante todo o Nadal en Ribeira. O día 20 de decembro, o auditorio municipal acollerá o espectáculo ‘As que cortan o bacallau’ promovido por Bailadela, As Sete Linguas e a Asociación Francisco Lorenzo Mariño. A recadación irá destinada a Cruz Vermella.
Máis de 700 corredores participarán na XX Carreira Popular Mar de Boiro
Máis de 700 corredores tomarán parte este domingo na carreira popular Mar de Boiro Memorial Pepe Buceta. Nesta vixésima edición mantense o mesmo percorrido de anos anteriores con saída dende a rúa Principal ata Mañóns.
Barbanza Arousa pon en valor a calidade dos seus servizos turísticos
Barbanza Arousa celebrou onte pola noite en Rianxo a terceira edición da súa gala de turismo. Un acto que se celebrou no auditorio e que serviu ademais para proceder á entrega dos distintivos do Sistema Integral de Calidade Turística en Destino, SICTED, a aquelas empresas e servizos turísticos que recibiron por primeira vez ou renovaron este selo de calidade que outorga a Secretaría de Estado de Turismo.

















