A pequena Daniela Otero acenderá o Nadal de Boiro
Este venres terá lugar o acendido do alumeado de Nadal de Boiro. Será Daniela, unha pequena boirense afectada por unha enfermidade rara, a encargada de premer o botón que inunde de luz a vila nestas datas festivas.
O concello de Ribeira materializa a compra das parcelas pendentes para o futuro polígono
O concello de Ribeira segue a avanzar na tramitación do futuro polígono coa formalización da compra das dúas parcelas restantes, emprazadas no termo municipal da Pobra. O seguinte paso agora é seguir a buscar financiamento doutras administracións para darlle o pulo definitivo ó proxecto.
Sanidade habilitará novas dependencias do centro de saúde na Casa do Mar
A alcaldesa de Ribeira mantivo un encontro co Conselleiro de Sanidade para abordar as necesidades en materia de atención primaria. O titular autonómico comprometeuse a ampliar os espazos no actual centro de saúde á espera da construción do novo ambulatorio, que precisará de maior superficie ó albergar tamén as unidades de saúde mental e condutas aditivas.
A gala da Cultura Solidaria abrirá este venres a programación do Nadal en Boiro
Boiro quenta motores para vivir un nadal do máis solidario. Este venres inaugurarán oficialmente os festexos co acendido do alumeado e a cuarta edición da gala da cultura solidaria, en beneficio de Cáritas.
Arrinca a escavación do castro da Croa en Postmarcos
A delegada territorial da Xunta na provincia da Coruña visitou esta mañá o xacemento do Castro da Croa de Postmarcos. Esta semana comezou unha intervención arqueolóxica na zona para desentrañar a historia deste castro, un dos máis importantes e singulares da comarca. O primeiro xacemento, ademais, de interior, que se escava na comarca do Barbanza.
Os negocios de Boiro sumaranse á campaña solidaria ‘Doa un sorriso’
Os negocios de Boiro sumaranse un ano máis á campaña solidaria ‘Doa un sorriso’ que promove a Clínica Dental Rebeca Ozores, en colaboración coa Asociación Boirense de Empresas. A actividade desenvolverase dende hxoe ata o día 13 deste mes. A finalidade da campaña será recoller a maior cantidade posible de alimentos non perecedoiros, produtos de hixiene ou aportacións económicas, que lle serán entregados tanto a Cáritas como a Cruz Vermella.
A Pobra, pioneira na inclusión sociolaboral de mulleres en situación de vulnerabilidade
A inclusión e o empoderamento feminino son os eixos sobre os que xira o proxecto Construíndo Futuros que ven de poñer en marcha o concello da Pobra en colaboración con Médicos do Mundo.
O PP de Boiro denuncia a suba de impostos e servizos básicos para a...
O PP de Boiro denuncia o incremento dos custos de servizos básicos para a cidadanía. Ademais da suba do IBI, que volveu ser obxecto de debate no pleno da pasada tarde, os populares aluden ó incremento dos recibos da auga e ás deficiencias da recollida de lixo no polígono de Espiñeira.
A praza de abastos da Pobra volve sortear entre os seus clientes o menú...
O concello da Pobra quenta motores para o Nadal coas numerosas campañas que porá en marcha nestas datas. Unha delas céntrase na praza de abastos que repartirá 2400 euros en dous sorteos para adquirir os menús da ceas de Noiteboa e Noitevella.
A Pobra activará locais baleiros para apoiar ó emprendemento
O concello da Pobra tamén anunciou a solcitude dunha axuda á Deputación da Coruña para impulsar, xa de cara ó vindeiro ano, o programa municipal de novas aperturas comerciais Premio EMPREDECO-Pobra. A proposta que parte da concellería de Promoción Económica que dirixe Amparo Cerecedo ten coma finalidade un dobre obxectivo, por unha banda activar os locais baleiros da localidade e por outra apoiar o novo emprendemento.


















