Ribeira volverá camiñar polos nenos prematuros na VII Andaina de AGAPREM
Ribeira acollerá o domingo catro de outubro a sétima edición da Andaina Solidaria en favor de AGAPREM. A proba, organizada pola asociación de Amas de Casa, busca visibilizar a prematuridade e as complicacións que leva asociadas así como recadar fondos para as familias con nenos prematuros.
Os cativos de Boiro contarán cunha zona de psicomotricidade no parque da Praza de...
O executivo boirense vén de adxudicar, por algo máis de 18 mil euros, as obras de instalación dunha zona de psicomotricidade no parque infantil da praza de Galicia. A actuación ten como obxectivo dotar a este espazo público dun novo equipamento orientado á actividade física e ó desenvolvemento da psicomotricidade, diversificando e ampliando os usos do parque. Un dos máis concorrido de todo o termo municipal.
A convocatoria do pleno sobre a residencia de Ribeira enfronta a goberno e oposición
A oposición de Ribeira vén de denunciar o incumprimento do regulamento municipal por parte da alcaldesa ó non ter convocado o pleno extraordinario sobre a residencia solicitado conxuntamente polos tres grupos. Será o secretario quen teñan que formalizar a convocatoria para esta sesión que previsiblemente se celebrará a principios de outubro.
O executivo de Boiro garante a potabilidade da auga en toda a rede municipal
O executivo de Boiro saíu ó paso das críticas do PP sobre a falla de previsión na xestión da rede de abastecemento. Dende o goberno enviaron tamén unha mensaxe de tranquilidade á cidadanía asegurando que a auga é apta para o consumo.
Ribeira renovará o equipamento do ximnasio da Fieteira
O concello de Ribeira vén de sacar a licitación o contrato para o equipamento do ximnasio da Fieteira. Substituiranse 69 máquinas das áreas de musculació e de exercicio cardiovascular a través dun servizo de renting
As festas da Mercé conmemoran este ano o 25 aniversario da nova capela
A Pobra celebrará mañá unha das súas festas máis tradicionais. A romaría da Mercé congregará a centos de devotos ó redor da capela que celebra este ano o 25 aniversario da súa inauguración. Os actos estarán presididos polo arcebispo emérito de Madrid, Antonio Maria Rouco Varela.
O BNG demanda o cambio de localización dalgúns contedores que comprometen a seguridade viaria
O BNG de Ribeira apela á necesidade de chegar a acordos para buscar o mellor emprazamento para os contedores de lixo. Na actualidade, hai zonas nas que restan visibilidade ou obstaculizan o paso supoñendo mesmo un risco para a seguridade.
A procesión do Divino Nazareno ateigou as rúas da Pobra
Multitude de devotos ó Divino Nazareno tomaron parte este pasado domingo na procesión que percorre cada terceiro domingo de setembro as rúas da Pobra do Caramiñal.
A Fundación do Museo do Gravado de Artes entrega os Premios Atlante
O Museo de Artes do Gravado á Estampa Dixital acolleu este pasado sábado a entrega do premio Atlante. Nesta 17 edición, o máximo galardón, o Premio Ramiro Garregal Rey, foi para o artista italiano Fabio Riaudo. Entre as autoridades que asistiron á entrega atopábase o conselleiro de Cultura José López Campos quen destacou na súa intervención o prestixio internacional destes premios, ós que este ano se presentaron máis de 200 obras de artistas procedentes de 13 países.
O PP de Boiro pide explicacións sobre o estado dos depósitos de auga
O PP de Boiro demanda ó executivo que acometa melloras na rede de abastecemento e na captación do río Coroño para garantir o subministro de auga. Denuncian tamén a fala de información sobre o estado do depósito de Trebonzos no que, ata en tres ocasións, se detectou a presenza de substancias que comprometen a potabilidade da auga.


















