Ribeira aprobará este mércores un orzamento de 30 millóns para dar cobertura ó gasto...

O goberno de Ribeira levará este mércores a pleno a súa proposta de orzamentos para 2025. A pesar de estar a piques de rematar o ano, o documento é necesario para dar cobertura a gasto xa executado. Aprobaranse ademais un suplemento e un crédito extraordinario con cargo ó remanente de tesourería.

Ribeira volverá contar este Nadal cunha pista de xeo

Por segundo ano consecutivo, Ribeira contará este Nadal cunha pista de xeo. Haberá entradas individuais e packs para grupos de máis de 25 persoas que inclúen tamén acceso ó Space Park.

BNG e PSOE presentan unha moción conxunta para a reorganización do tráfico en Abesadas

O BNG e PSdeG de Ribeira lebvarán ó pleno deste luns unha moción conxunta para impulsar a reorganización e mellora da seguridade do tráfico na rúa Estatuto, no barrio de Abesadas. O proxecto, que quedou iniciado antes da moción de censura, permitiría a creación de novas prazas de estacionamento gratuíto en pleno centro da cidade.

Ribeira abre o prazo para os obradoiros de conciliación do Nadal que se celebrarán...

O concello de Ribeira ofrecerá ás familias un servizo de conciliación durante o Nadal. Desenvolverase no conservatorio municipal entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro. Vai dirixido a nenos de 3 a 12 anos.

Medio Ambiente presenta en Corrubedo a 2ª edición do #ParqueVibras

Medio Ambiente pon en marcha unha nova edición do concurso escolar ‘Parque Vibras’. A directora xeral de Patrimonio deu a coñecer as bases do certame esta mañá nunha visita ó Parque Natural de Corrubedo.

O musical ‘El Grinch’ recalará en Ribeira o 28 de decembro

O clásico navideño de ‘O Grinch’ recalará en Ribeira o 28 de decembro da man de Cantaruxa Producións. Haberá dous pases no auditorio municipal: un ás cinco e outro ás sete e media. Xa se poden adquirir as entradas con prezos que oscilan entre os 12 e os 16 euros.

AMBAR demanda á Xunta máis prazas de centro de día

A directora xeral de Persoas con Discapacidade visitou as instalacións de AMBAR en Ribeira para coñecer as necesidades da entidade.  A presidenta da asociación trasladoulle a demanda de ampliar as prazas de centro de día.

Mimarte e Cáritas Ribeira celebrarán a Gala Solidaria de Nadal o 13 de decembro

Ribeira dará a benvida á programación do Nadal cun dos seus clásicos. A Gala Solidaria en favor de Cáritas celebrarase o 13 de decembro da man dos artistas da escola de teatro musical ‘Mimarte’.

O executivo boirense executa diversas melloras nun vial en Moimenta

O executivo boirense está a executar o acondicionamento dun camiño no lugar de Moimenta, na parroquia de Macenda. A actuación, que leva aparellada tamén a recollida de pluviais e a instalación dun tramo da rede de abastecemento, ascende a uns 91 mil euros, e vai sufragada con cargo a unha subvención da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, AGADER.

A Deputación amplía ata o 3 de decembro o programa MercaNaVila

A Deputación da Coruña decide ampliar ata o 3 de decembro o seu programa de bonos MercaNaVila. A institución provincial atende asi a solicitude formulada por numerosos concellos da provincia, entre eles os de Boiro e Noia, ante o éxito de participación.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete