Rianxo será esta fin de semana a primeira parado do ‘Máis que Tapas’ de...

A undécima edición do certame ‘Máis Que Tapas’ da mancomunidade Barbanza Arousa arranca esta fin de semana en Rianxo. A dinámica do certame será similar ó de edicións anteriores con obradoiros, degustacións e sorteos de agasallos. Coma principal novidade deste ano é a creación da páxina web oficial da ruta con información detallada de cada tapa e establecemento participante.

Buscan en Asados os corpos de dous represaliados da violencia golpista de 1936

Un grupo multidiciplinar formado por historiadores, antropólogos forenses, arqueólogos e xenetistas iniciaban esta mesma semana no adro da igrexa de Asados, en Rianxo, a busca dos corpos de dúas vítimas da represión franquista. Trátase de Manuel Piñeiro Abeijón, veciño de Boiro, asesinado en agosto de 1936, e Francisco López Pérez, veciño de Taragoña, fusilado en setembro dese mesmo ano. Os traballos de exhumación están coordinados polo grupo Histagra-Cispac-USC.

Amicos e Jealsa renovan o seu convenio de colaboración

Amicos e Jealsa renovan o seu convenio de colaboración que se prolonga dende hai máis de dez anos. Con este acordo as dúas entidades amplían o seu compromiso de facilitar a integración das persoas con discapacidade na sociedade, tanto a nivel vital coma laboral.

As obras do Centro de Deportes Náuticos de Aguiño poderían estar rematadas en marzo

O concello de Ribeira agarda que a nova nave do club de remo de Aguiño estea rematada en marzo. Dende o executivo mantiveron xa varias reunións coa empresa para axilizar os traballos que permitan rematar ó longo do mes de novembro a estrutura exterior.

Nenos e maiores vivirán en Ribeira un Samaín de medo

Ribeira quenta motores para celebrar o Samaín por todo o alto. O concello e a asociación Alfaia deseñaron un completo e terrorífico programa dirixido especialmente ós máis pequenos da casa.

O monte en Rianxo ten futuro

Achegámonos a Rianxo para coñecer o traballo que realiza dende hai varios anos a Plataforma pola Defensa do Monte, que integra a un total de sete comunidades de montes do municipio. O obxectivo que buscan é avanzar cara unha xestión sostible do territorio, baseada na cooperación, a recuperación dos ecosistemas e o aproveitamento dos recursos locais de forma sostible. En definitiva, poñer en valor o rural ó tempo que se coida o medioambiente e se revaloriza o monte

Os pobrenses seguen a demandar máis médicos e un servizo de urxencias de tarde

Continúan as mobilizacións en defensa da sanidade pública. Este mediodía, a concentración tiña lugar no centro de saúde onde ducias de persoas esixiron a cobertura de tódalas prazas de médico e a recuperación do servizo de urxencias en horario de tarde.

Satisfacción en Rianxo ante o gran pulo industrial que suporá a nova planta de...

A nova factoría de Stolt Sea Farm en Rianxo estará operativa en 2028. A firma investirá no proxecto máis de 40 millóns de euros e creará preto de 200 empregos directos.

O Plan Integrado de Emprego do Barbanza explora novos contidos baseados na demanda...

Arranca unha nova edición do Programa Integrado de Emprego do Barbanza. Os concellos de Boiro, Rianxo e A Pobra volven colaborar na terceira edición deste plan que facilitará o acceso ó mercado laboral a un cento de persoas desempregadas.

Boiro avanza na recollida selectiva cunha campaña informativa sobre a quinta fracción

O concello de Boiro segue a avanzar na implantación da recollida selectiva de lixo cunha campaña de concienciación. Darán a coñecer o funcionamento do novo contedor da fracción resto que comezará a implantarse no municipio a partir do mes de novembro.

REDES SOCIAIS

40,764FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete