O Xantar do Maior da Pobra reúne a máis de 750 persoas no pavillón...
Os maiores da Pobra viviron hoxe unha das citas máis agardadas no municipio. O Xantar de Confraternidade reuniu no pavillón de Venecia a máis de 750 persoas. Degustaron un menú servido por Chicolino e gozaron das actuacións musicais do grupo Trécola e Mar Davila Music.
Os edís do PBBI denuncian pintadas ameazantes ás portas dos seus domicilios
O clima de tensión política en Ribeira segue en escalada. Os concelleiros do PBBI denuncian ameazas que transcenderon o ámbito público, mesmo con pintadas ás portas do seu domicilio. Os feitos xa foron postos en coñecemento da Policía Nacional, onde os tres edís presentaron unha denuncia conxunta.
Teatro, música e danza compoñen o ‘Outono Cultural’ da Pobra
A Pobra encara un outono cheo de cultura. As artes escénicas levarán o peso principal da programación deseñada para os meses de outubro, novembro e decembro, na que destacan o teatro, a música e a danza.
O novo goberno de Ribeira fai público o reparto de áreas entre os seus...
María Sampedro asumirá as áreas de Urbanismo, Contratación, Seguridade Cidadá e Mobilidade, Persoal e UCA. Esta última durante pouco tempo posto que a xestión da Unidade de Condutas Aditivas están en proceso de traspaso ó SERGAS.
A mostra ‘Golfiños na Proa’ da CEMMA recala en Boiro
A casa consistorial de Boiro acolle dende hoxe e ata o vindeiro 4 de novembro a exposición ‘Golfiños na proa’, coa que se pretende divulgar a enorme riqueza de cetáceos que hai na costa galega. A mostra, pertencente á CEMMA, a Coordinadora para o Estudo dos Mamíferos Mariños, conta co apoio da Deputación da Coruña.
O PSOE insta a Educación a dotar de máis especialistas ós centros educativos de...
O PSOE trasladou as necesidades educativas dos colexios de Rianxo ó Parlamento. Os socialistas demandan a incorporación de mestres especialistas así como persoal docente suficiente para garantir os desdobres que establecen as ratios nos tres centros de educación infantil e primaria do municipio.
O SERGAS presentará un plan para atender as necesidades de persoal en centros de...
A situación do centro de saúde de Ribeira foi tema de debate no Parlamento Galego. O Conselleiro de Sanidade comprometeuse a presentar antes de fin de ano un pla de reordenación de atención primaria para reforzar a cobertura en varios centros de saúde.
O PSOE de Rianxo denuncia os recortes de liñas de transporte previstos pola Xunta...
O PSOE de Rianxo levará ó Parlamento o recorte das liñas de transporte público no municipio. Os socialistas denuncian que algunhas parroquias verán reducidas as frecuencias non só co resto do concello senón con Santiago.
Mariola Sampedro: ‘A nosa prioridade serán as persoas’
A nova alcaldesa de Ribeira, Mariola Sampedro, recibiu a Canal Rías Baixas no seu despacho apenas uns días despois da súa toma de posesión. Fixo un oco na súa apertada axenda, para conversar con nós e contarnos como están a ser estes primeiros días á fronte do consistorio. Asegurou que o centro das súas políticas para o que resta de mandato serán os veciños.
Marcos Rodríguez: ‘Somos os primeiros en realizar unha operación antidroga tan importante’
Non é habitual, nin moito menos, a participación da policía local en operacións a tan gran escala. De aí, o extraordinario do papel dos axentes pobrenses que lograron interceptar a droga así como a detención de tres dos implicados, na que foi clave a colaboración cidadá.

















