Os pobrenses saen á rúa para denunciar a falla de médicos
Éxito de participación na primeira mobilización convocada pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza na Pobra. Máis dun centro de persoas concentráronse ás portas do centro de saúde para esixir a cobertura das prazas de médico, que actualmente se atopan ó 50 por cento.
Máis de 3300 sinaturas avalan as reivindicacións da ANPA do Grupo
Representantes da ANPA de Ribeira entregaban esta mañá no concello as máis de 3000 sinatura recollidas para instar á Consellería de Educación a que atenda as súas demandas. A principal é a incorporación dun titor para terceiro aínda que insisten tamén na necesidade de acometer obras no centro.
Ribeira arroupa ó seu alcalde a tres días da moción de censura
O auditorio de Ribeira quedou pequeno para acoller ós centos de persoas que participaron no acto de apoio a Luís Pérez Barral. O alcalde amosouse moi emocionado ante a resposta cidadá trala presentación da moción de censura que lle arrebatará a alcaldía o próximo luns.
Tania Redondo abandona o PBBI e confirma as presións do seu grupo para apoiar...
Tania Redondo presentou este mediodía a súa renuncia como concelleira do PBBI pasando ó grupo de non adscritos. Tomou esta decisión por coherencia trala presentación dunha moción de censura, di, planeada ás súas costas.
A Deputación e o concello de Rianxo avanzan na tramitación da futura residencia
RIANXO> A Deputación da Coruña e o concello de Rianxo avanzan no proxecto da nova residencia que se emprazará en Rianxiño. O presidente provincial...
O Plan Integrado de Emprego de Ribeira pecha cun índice de inserción próximo ó...
O Plan Integrado de Emprego de Ribeira chegou á súa fin co acto de clausura celebrado esta mañá no auditorio municipal. O programa, no que participaron un cento de persoas desempregadas dos concellos do Barbanza e Porto do Son, pechou cun índice de inserción laboral próximo ó 50 por cento.
Peñas Boiro promove unha cea solidaria en favor de ASANOG
A asociación cultural Peñas Boiro promove unha cea solidaria en favor de ASANOG, a Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia. A cita será o vindeiro 8 de novembro no restaurante Chicolino. Aquelas persoas interesadas en asistir á cea só teñen que enviar un correo electrónico cos seus datos para facer a reserva a penhasboiroac@gmail.com.
A Xunta promoverá a remuda xeracional nos oficios tradicionais cunhas bolsas para aprendices
O conselleiro de Emprego, José González, anunciou esta mañá en Rianxo que a Xunta, na súa aposta por potenciar a formación nos oficios tradicionais, vai a sacar unha liña de bolsas para aprendices coa que pretende promover a remuda xeracional no ámbito da artesanía. Facía estas declaracións durante a visita ás instalacións de Estaleiros Catoira, un dos poucos talleres de carpintería de ribeira que quedan aínda activos en Galicia, a onde acudiu, acompañado da xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro.
Boiro destinará este ano uns 46 mil euros de axudas ás entidades sociais
Boiro renova o seu compromiso coas entidades que traballan no municipio en beneficio da sociedade. Esta mañá tiña lugar o acto de sinatura dos convenios con estas asociacións que suporán un investimento próximo ós 46 mil euros.
ÁGAPE promove un programa de lecer para a inclusión de mozos neurodiverxentes
A Casa da Xuventude de Ribeira acollerá tódolos venres polo tarde o programa de lecer para a mocidade ‘Ocio con Alas’. Trátase dun proxecto impulsado pola asociación ÁGAPE que busca a inclusión social plena de mozos neurodiverxentes.

















