ÁGAPE promove un programa de lecer para a inclusión de mozos neurodiverxentes

A Casa da Xuventude de Ribeira acollerá tódolos venres polo tarde o programa de lecer para a mocidade ‘Ocio con Alas’. Trátase dun proxecto impulsado pola asociación ÁGAPE que busca a inclusión social plena de mozos neurodiverxentes.

O BNG denuncia a falla de médicos no centro de saúde da Pobra coa...

O BNG da Pobra denuncia novos recortes no centro de saúde do municipio. Á supresión da quenda de tarde do PAC dende hai máis dun ano súmanse dúas novas baixas se cubrir no cadro de persoal. Na actualidade, tan só hai 3 médicos dos 6 con que debería contar o centro.

A versión estendida do Culturgal recalará en Ribeira a finais de outubro

A versión estendida do Culturgal chegará a Ribeira os días 25 e 26 de outubro. O auditorio municipal acollerá dúas xornadas cheas de actividade como antesala á gran feira da cultura que se celebrará en novembro en Pontevedra. Contará con destacados creadores como Kivo Cadaval, Fran Sieira ou Susana Sampedro, entre outros.

A incorporación dun novo axente completa o cadro de persoal da Policía Local de...

O concello de Ribeira vén de completar o catálogo de persoal da Policía Local ó cen por cento. Hoxe mesmo incorporábase o último dos axentes conformando un cadre de persoal con 27 membros en activo ós que se suman 12 auxiliares.

Ribeira facilitará a reciclaxe nas parroquias cun novo punto limpo móbil

Os cidadáns de Ribeira terán ocasión de mellorar as súas taxas de reciclaxe grazas ó novo punto móbil que vén de adquirir o concello. O vehículo percorrerá as parroquias para facilitar a recollida de residuos especiais como pilas, baterías, xoguetes ou aceites usados entre outros.

A Deputación activa seis millóns de euros ao programa ‘MercaNaVila’ de apoio ó comercio...

A Deputación da Coruña presentou esta mañá o programa ‘MercaNaVila’. A través del, a institución provincial busca fomentar as compras no comercio local naqueles concellos da provincia de menos de vinte mil habitantes. Conta cun orzamento de 6 millóns de euros, cos que se prevé mobilizar preto de 25 millóns de euros en vendas.

A Pobra implica á veciñanza no deseño do novo modelo de recollida do lixo

O concello da Pobra convoca á cidadanía a unha asemblea este mércores co fin de presentar as distintas propostas para o futuro modelo de recollida do lixo. Será ás oito da tarde no antigo local do ISM.

Ribeira recibirá 6’5 millóns de euros para a rehabilitación integral de Bandourrío

O concello de Ribeira acadou seis millóns e medio de euros de fondos europeos para executar o Proxecto Ribeira Atlántica 2030. O plan contempla a rehabilitación integral do barrio de Bandourrío e a súa integración co resto do casco urbano.

A Pobra recupera a memoria dos lugares a través da sabedoría popular

O concello da Pobra porá en marcha o proxecto ‘Memoria dos Lugares’ que busca recompilar o saber popular das distintas aldeas e parroquias do municipio. Ademais da transmisión de todo ese patrimonio inmaterial a futuras xeracións, o programa promoverá tamén o envellecemento activo e a alfabetización dixital dos maiores.

Ribeira inviste uns150 mil euros na mellora do Centro de Interpretación de San Roque

Ribeira investiu preto duns 150 mil euros en diversas obras de acondicionamento no Centro de Interpretación de San Roque. Entre as actuacións levadas a cabo foi a mellora da accesibilidade do edificio, a instalación de nova sinalética e a renovación de contidos. Tamén se actuou a impermeabilización e pintado da fachada exterior.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete