A asociación ASPAS achega ata Ribeira o musical ‘Peter, voamos’
Ribeira segue a ser sede do teatro afeccionado. Este domingo, o auditorio municipal acollerá a representación de ‘Peter, Voamos’ un musical da asociación ASPAS. Medio cento de actores con discapacidade intelectual subirán ás táboas acompañados doutros tantos colaboradores.
O Museo Valle-Inclán expón unha maqueta do Santa Isabel
O Museo Valle-Inclán da Pobra acollerá ata principios de outubro unha maqueta do Santa Isabel, elaborada por José Antonio Barreiros.
O BNG do Barbanza demanda á Xunta un maior control sobre os incumprimentos de...
O BNG levará ó Parlamento a situación do transporte público no Barbanza. Piden á Xunta que extreme o control sobre a empresa ante os reiterados incumprimentos. Demandan tamén a incorporación dunha liña que conecte a comarca coa estación de tren de Catoira.
Sete funcións compoñen o cartel do FITAGAL que se celebrará en Ribeira no mes...
O mes de outubro é sinómimo de teatro. Á programación habitual da súa mostra, engádese o Festival Internacional de Teatro Amador de Galicia que ofrecerá no auditorio municipal sete funcións de compañías de Galicia e Portugal.
Os boirenses volverán colaborar coa Fundación Stop Leucemia na VI Andaina Solidaria de Jealsa
Jealsa volverá celebrar a súa andaina solidaria en favor da Fundación Stop Leucemia. Esta sexta edición desenvolverase o 27 de setembro cun percorrido deseñado por Barbantia Roda, apto para tódolos públicos. Dende a organización chaman a participar nesta cita deportiva en beneficio de toda a sociedade.
O concello de Ribeira adxudica o parque infantil do Centenario
O concello de Ribeira vén de adxudicar catro contratos por valor de 300 mil euros. Un dos máis importantes será a instalación do parque infantil do Centenario ás que se suman outras obras de saneamento e servizos.
O Taller Alecrín ofrecerá actividades de baile para tódalas idades na Pobra
A Pobra volverá apostar polo baile da man do Taller Alecrín que programou diversos actividades e cursos para a tempada 2026-2027. Haberá obradoiros tódolos venres pola tarde no colexio de Bandaseca tanto de baile individual como para parellas.
A CIG denuncia os incrumprimentos de Monbus cos traballadores do servizo de transporte escolar
O curso escolar arrancou no Barbanza con incidencias diarias no servizo de transporte. A razón, segundo denunciaba esta mañá a CIG, é a deficiente xestión da empresa concesionaria que non está a cumprir coas condicións do contrato. Nin sequera procedeu á subrogación dos traballadores da anterior empresa.
16 mozos do Barbanza fórmanse en xardinería ó abeiro do obradoiro Talento Mozo II
Dezaseis mozos do Barbanza formaranse ó longo dos próximos doce meses no ámbito da xardinería no marco do obradoiro Talento Mozo que promoven conxuntamente os concellos da Pobra, Boiro e Rianxo co financiamento da Xunta de Galicia.
A Milla Urbana Nocturna inaugura o programa deportivo do Nazareno
Ademais do pregón inaugural, A Pobra dará a benvida ás festas do Nazareno con deporte. O venres terá lugar a Milla Urbana Nocturna, nunha xornada que arrancará co Open Integrado de Tenis de Mesa organizado por ADECO-DEA.

















