Todo preparado en Barraña para recibir ás lendas do Real Madrid
Todo preparado en Barraña para poder acoller mañá sábado o partido amigable que enfrontará a unha selección de amigos do Club Deportivo Boiro, contra os veteranos do Real Madrid. O histórico encontro servirá ademais de homenaxe á memoria de Jesús Alonso, fundador de Jealsa, pola súa contribución ó fomento do deporte na localidade, e en especial do fútbol.
Preto de 300 persoas participarán en Ribeira na VI Andaina en favor de AGAPREM
Preto de 300 persoas daranse cita na andaina en favor de AGAPREM que se celebrará en Ribeira o domingo 12 de outubro. O obxectivo desta proba solidaria é dar visibilidade á prematuridade.
Ana Pontón: ‘A moción de censura non freará o ascenso do BNG’
O BNG insiste en criticar, ó que o seu xuízo é unha manobra ‘bochornosa’ do Partido Popular para facerse coa alcaldía de Ribeira, co apoio de catro edís do PBBI. A voceira nacional, Ana Pontón, afirmou que a moción de censura non vai frear o ascenso do BNG.
Os ribeirenses volven reclamar médicos nunha concentración marcada pola moción de censura
Como cada xoves, os membros da Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza concentráronse en Ribeira. Denuncian que o centro de saúde conta cun terzo menos dos médicos asignados, o que incide directamente na calidade asistencial e na saturación doutros servizos.
2500 persoas pasaron pola Oficina de Turismo de Ribeira durante a tempada de verán
Balance moi satisfactorio da concellería de Turismo de Ribeira no que respecta á campaña de verán. Preto de 2500 persoas pasaron pola oficina do Malecón dende mediados de xuño ata mediados de setembro. Hai que engadir a estas cifras, as numerosas consultas telefónicas.
Ribeira acolle o 12 de outubro a II Milla da Hispanidade
Ribeira acollerá o 12 de outubro a segunda edición da Milla da Hispanidade. A proba, organizada pola Escola de Boxeo El Canario, conta este ano coa homologación da Federación Galega de Atletismo.
O BNG apoia á ANPA de Asados nas súas demandas contra os recortes
A voceira do BNG desprazouse ata Rianxo para manter unha xuntanza con representantes da ANPA e da comunidade educativa do CEIP Ana María Diéguez de Asados e interesarse pola súa problemática. Pontón pedíulle á Xunta que cambie as ameazas por solucións, e dunha vez dote ó centro dos tres profesores que precisa, favorecendo así unha educación de garantías para os nenos con necesidades educativas especiais.
Vicente Mariño nega as coaccións e acusa ó alcalde de sectarismo
O voceiro do PBBI comparecía esta mañá para desmentir as acusacións de coaccións a ningún dos seus concelleiros. Pola contra, Vicente Mariño suxire que as presións poden vir do propio BNG posto que o alcalde mantén no goberno a unha edil que asinou unha moción de censura na súa contra.
Furones alude á capacidade de diálogo amosada polo tripartito para desmarcarse da moción de...
Pola súa banda, Juan Luís Furones, o único edil do PBBI que non asinou o documento, explicou os motivos que lle levaron a manterse firme no pacto de goberno asinado hai algo máis de dous anos.
Suárez -Puerta insta a PP e PBBI a facer públicos os termos do seu...
Continúan as reaccións á moción de censura de Ribeira. O voceiro socialista Francisco Súarez.Puerta insta ó PBBI a facer públicos os termos do acordo co PP. Apela á mesma transparencia da que fixeron gala os membros do tripartito tralas eleccións coa sinatura dun pacto que os independentes non respectaron.


















