Importante avance ás novas instalacións do Náutico de Rianxo co informe favorable de Transición...

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada do presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, visitou o porto de Rianxo, co fin de manter diversos encontros con entidades do municipio para analizar novas actuacións en materia portuaria. A titular de Mar aproveitou a visita á localidade para anunciar un novo avance na tramitación do futuro porto deportivo.

O BNG insta ó PBBI a explicar os motivos da moción de censura e...

O alcalde de Ribeira comparecía esta mañá, arroupado por compañeiros non só a nivel municipal senón de toda a comarca para expoñer a súa visión sobre a moción de censura. Cualifica o pacto entre PP e PBBI de bochornoso e escurantista e denuncia presións a membros do goberno que

Apoio unánime do pleno de Ribeira ás demandas da ANPA do CEIP O Grupo

Acordo unánime da corporación ribeirense en defensa dun ensino público de calidade. Os catro grupos votaron a favor da moción cidadá presentada pola ANPA de O Grupo instando á Xunta á incorporación dun titor para terceiro de primaria.

AMBAR promove a formación dos seus usuarios para favorecer a súa inclusión sociolaboral

Os cursos de cociña e de comercio da asociación AMBAR chegaron á súa fin cun balance moi positivo. Os alumnos recolleron esta mañá os diplomas acreditativos da súa formación que ten por obxectivo facilitar a súa inclusión sociolaboral.

O PP e catro edís do PBBI presentan unha moción de censura contra o...

Tras meses soando con forza, os rumores confirmábanse esta mesma tarde coa presentación dunha moción de censura en Ribeira. O grupo popular, xunto con 4 edís do PBBI, asinan o documento que previsiblemente desaloxará da alcaldía ó nacionalista, Luís Pérez Barral.

Comezan as obras de mellora no aparcadoiro público de Xarás

Á espera de avanzar na tramitación da ampliación do polígono, o concello de Ribeira está a acometer melloras no actual parque empresarial de Xarás. Ademais da pavimentación da do acceso ó punto limpo procederase á instalación dunha nova rede de pluviais.

A UCA de Ribeira rexistra un incremento de condutas aditivas sen consumo de substancias

A Unidade de Condutas Aditivas de Ribeira está a detectar nos últimos meses o incremento de casos de adición sen consumo de substancias. Dende o concello, organizan diversos cursos formativos de prevención para dotar ós mozos das ferramentas axeitadas para o manexo da IA e demais e o bo emprego das novas tecnoloxías.

A Plataforma pola Sanidade organiza unha cadea humana entre o centro de saúde de...

A Plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza organizará unha cadea humana entre o centro de saúde de Ribeira o Hospital do Barbanza. Chaman á cidadanía de toda a comarca a sumarse a esta acto reivindicativo que terá lugar o sábado 11 de outubro.

O GALP Ría de Arousa destina 200 mil euros ó proxecto ‘Un mar de...

A Conselleira do Mar coñeceu esta mañá en Boiro o proxecto do centro de día de AGADEA. A actuación conta cunha axuda de 200 mil euros xestionada polo GALP Ría de Arousa posto que combina os fins sociais coa posta en valor do patrimonio marítimo.

Ribeira amplía a súa oferta formativa cun curso de intodución ó galego

O concello de Ribeira amplía a súa oferta formativa en materia de Normalización Lingüística. Ademais dos cursos preparatorios para o CELGA, este ano ofertarán formación para persoas que se achegan por primeira vez ó galego.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete