Ribeira acolle a súa primeira residencia artística con ‘Heroes en decembro’ que abrirá a...
Mañá venres arranca en Ribeira a Mostra de Teatro cunha estrea especial. A colaboración de Ancoraxe, Vórtice Escénico e o Centro Dramático Galego levará a escena a adaptación da obra de Eva Mir, ‘Heroes en decembro’. A peza, que aborda a temática do suicidio adolescente, representarase previamente en función matinal para alumnado de Secundario e Bacharelato co concello.
Ribeira avanza na instalación de paneis solares en edificios públicos
O concello de Ribeira inviste preto de 400 mil euros na instalacións de paneis solares en varios edificios públicos. As obras acometéronse na Oficina de Turismo do Malecón, a sede da policía local, o centro de raqueta de Coroso e o conservatorio municipal.
Cinco propostas integran o Festival Internacional de Teatro Amador que se celebrará en Ribeira
Ribeira será sede este ano do Festival Internacional de Teatro Amador de Galicia. Cinco funcións, que se representarán ata o 16 de novembro no auditorio, compoñen o cartel desta mostra promovida pola Federación de Teatro Afeccionada de Galicia FETEAGAL.
Ribeira promove a formación en IA e outras ferramentas dixitais a través da Aula...
A Aula CeMit de Ribeira arranca o outono con novas propostas formativas. Durante o mes de outubro realizaranse varios cursos de informática básica mentres que as actividades de novembro van dirixidas a un público cun nivel medio-avanzado no manexo de ferramentas dixitais.
As ANPAS do Barbanza continúan coas mobilizacións contra os recortes
A ANPA do CEIP ANA María Diéguez de Asados concentrouse esta mañá ás portas do centro coincidindo coa comparecencia do Conselleiro de Educación do Parlamento. Tamén unha representación da ANPA do Grupo de Ribeira desprazouse ata o Pazo do Hórreo para que os representantes autonómicos escoiten as súas reivindicación.
O BNG de Boiro insta ó goberno a iniciar os trámites para a renovación...
O BNG de Boiro volve reclamar a mellora integral do campo da Lomba en Bealo. Lembran os nacionalistas que o pleno acordou por unanimidade dotar a esta instalación de superficie de herba. A moción aprobouse en abril pero aínda non se iniciou o procedemento.
As obras da futura residencia de AMICOS estarán rematadas a mediados de 2026
AMICOS agarda rematar as obras da nova residencia a mediados do ano que vén. A directora Xeral de Discapacidade visitou esta mañá os traballos do novo módulo que disporá de 26 habitacións individuais.
O concello de Ribeira ofertará visitas guiadas a Sálvora durante o mes de outubro
O concello de Ribeira ofertará visitas guiadas a Sálvora durante tódalas fins de semana de outubro. o obxectivo deste programa é dar a coñecer o amplo patrimonio histórico e cultural da illa e contribuír á desestacionalización da oferta turística.
MIles de devotos volven renderse ó Nazareno
A Pobra viviu este domingo o día grande das Festas do Nazareno coa tradicional procesión das Mortallas. Un ano máis a cita foi multitudinaria congregando a máis de 16 mil persoas atraídas pola singularidade desta tradición relixiosa.
Maís de 500 deportistas competirán nas 15 categorías da Carreira Popular de Santa Uxía
Uns 500 corredores daranse cita este sábado na Carreira Popular Santa Uxía en Ribeira. A proba disputarase este sábado na zona do Malecón e dará cabida a 15 categorías distintas.

















