Comezan as obras para a renovación integral do Campo da Mina
Iniciadas as obras de mellora no campo de fútbol da Mina, en Boiro. Ademais da conversión a céspede artificial procederase á reforma integral das instalacións e ó acondicionamento dun aparcadoiro nunha parcela anexa.
A Deputación da Coruña pon en valor a riqueza patrimonial da provincia
A Deputación da Coruña desenvolverá entre o 30 de setembro e o 5 de outubro as Xornadas Europeas sobre Patrimonio. O programa presentouse esta mañá en Ribeira, concretamente na antiga nave de Conservas Cerqueira, que acollerá unha das visitas guiadas nesta segunda edición.
AMICOS promove a conservación dos ríos e o uso responsable da auga a través...
A exposición itinerante AMIRRÍOS chega a Ribeira. Forma parte do proxecto de AMICOS para sensibilizar sobre o coidado dos ríos e o uso responsable da auga. Ademais de actividades de sensibilización con escolares, o proxecto inclúe xornadas de eliminación de especies invasoras.
O concello de Ribeira agarda rematar as obras do Club de Remo de Aguiño...
O concello de Ribeira confía en rematar as obras da nave do club de remo de Aguiño a finais deste ano. A actuación sufriu unha demora posto que foi preciso un modificado do proxecto para afianzar os terreos. A obra supuxo un investimento de máis dun millón de euros.
Jealsa reunirá a máis de mil persoas na súa andaina solidaria en favor de...
Máis de mil persoas volverán camiñar contra a leucemia en Boiro. O 28 de setembro terá lugar a quinta edición da Andaina Solidaria de Jealsa que destinará os fondos recadados á fundación Stop Leucemia.
O próximo martes saen á venda as entradas para o Xantar de Confraternidade da...
A Pobra celebrará o 17 de outubro o seu tradicional Xantar de Confraternidade. A cita congregará a 750 persoas, maiores de 60 anos, no pavillón de Venecia. O prezo do menú, a cargo de Chicolino, será de 18 euros.
As familias de Asados manterán a folga e non enviarán ós nenos a clase...
A ANPA do CEIP ANA María Diéguez acordou continuar coas protestas posto que ó longo da próxima semana seguirán sen enviar ós nenos a clase. As familias que así o precisen contarán con servizo de monitorado así como Plan Madruga e Comedor para favorecer a conciliación.
Máis de 500 corredores disputarán este domingo en Boiro o Trail dos Indios
Récord de participación no Trail dos Indos que se celebra este domingo en Boiro. Esta novena edición, que partirá do Pazo de Goiáns, contará con máis de 500 corredores.
Pasan a disposición xudicial os tres detidos relacionados co alixo de droga na Pobra
Este mediodía pasaban a disposición xudicial no Xulgado de Muros os tres únicos detidos, polo de agora, pola descarga de cocaína desta pasada fin de semana na Pobra. Tres varóns de nacionalidade colombiana que ó parecer están detrás da chegada da cocaína dende Sudamérica ás nosas costas.
A ANPA do Grupo inicia unha recollida de sinaturas e levará a pleno a...
A pesar da negativa de Educación, a ANPA do CEIP O Grupo segue adiante coas súas reivindicacións para lograr a incorporación dun titor para terceiro de primaria. Nunha asemblea celebrada a pasada tarde, acordaron iniciar unha campaña de recollida de sinaturas e levar unha moción a pleno na que solicitarán o apoio de tódalas forzas políticas.


















