O artista G-Face ofrecerá un concerto no marco das Festas do Nazareno

A Pobra quenta motores para unha das súas festas máis destacadas: o Nazareno. As celebración comezarán este venres co pregón a cargo da Banda de Música Ateneo Musical da Pobra. Entre a proposta de actividades destaca un amplo cartel musical entre os que figura G-Face, artista emerxente cunha gran proxección, que actuará o sábado a medianoite na praza Maior.

O concello de Ribeira anima ós clientes da praza a usar o sistema de...

A praza de abastos da Pobra segue avanzando para integrarse plenamente na rede de mercados intelixentes. Xa ten en marcha un sistema de contedores que permiten a recollida de pedidos a través dun código QR.

Golpe ao narcotráfico en Barbanza coa incautación de catro toneladas de cocaína

Importante golpe ó narcotráfico esta pasada fin de semana en Barbanza coa incautación de preto de 4 mil quilos de cocaína na Pobra do Caramiñal. O operativo, coordinado Grupo Greco Galicia da Policía Nacional, saldouse coa detención de tres colombianos, ó parecer vinculados á operación, que segue aberta, baixo segredo, polo que non se descartan máis detencións.

Os pais de Asados intensifican as protestas e seguirán sen mandar os nenos a...

Tamén en Rianxo continúan as mobilizacións no CEIP Ana María Diéguez de Asados. Este mediodía tiña lugar unha cacerolada ás portas do centro. Mentres tanto, as familias seguirán sen enviar ós alumnos a clase o que derivou no inicio do protocolo de absentismo escolar.

Ribeira investiu preto de 40 mil euros en mellorar os centros educativos de cara...

Ademais do persoal, dende o concello de Ribeira lembran as necesidades que presentan as instalacións de moitos centros educativos do municipio. Ó longo deste verán, o executivo municipal ten investido preto de 40 mil euros na mellora de varios colexios. 

O CEIP O Grupo intensifica as súas protestas cunha cacerolada

A ANPA do CEIP O Grupo de Ribeira intensificou as súas protestas. Trala concentración do pasado luns, esta mañá convocaron unha cacerolada na entrada do centro á hora de entrada do colexio. Manterán esta medida de presión tódolos días entre as nove e media da mañá ata lograr a incorporación dun titor para terceiro de primaria.

A reforma da casa consistorial de Ribeira encara a súa recta final

O alcalde de Ribeira, Luís Pérez Barral, confía en que as obras de reforma da casa consistorial poidan estar rematadas para primeiros de 2026. As obras na actualidade céntranse nos acabados interiores e a instalación dun ascensor accesible que cumpra coa normativa vixente.

A Deputación achega ó auditorio de Ribeira tres propostas musicais para este outono

A Deputación da Coruña achegará este outono ata Ribeira tres propostas culturais. Trátase do concerto de Uxía, na súa xira de 40 aniversario, e as actuacións do grupo de jazz Sumrrá e a asociación cultural Donaire.

BarbanTEA promove unhas xornadas formativas para adestradores deportivos

A Asociación BarbanTEA organiza en Boiro unhas xornadas formativas para adestradores sobre a atención a deportistas con autismo. Desenvolveranse o 16 e o 18 de setembro con formación teórica no centro social e unha segunda sesión práctica no pavillón de Barraña. O obxectivo é avanzar cara a plena inclusión no ámbito deportivo.

A ABE impulsa unha campaña de volta o cole con fin solidario

A Asociación Boirense de Empresas lanza a campaña ‘Volta ao cole: Cada compra suma’. desenvolverase do 10 de setembro ó 5 de outubro e terá tamén un fin solidario. Cada compra que se realice durante este período xerará unha doazón de dez céntimos da ABE á Cruz Vermella.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete