O novo grupo de teatro ‘Enraizadas’ estrearase en Ribeira coa súa primeira proposta ‘Terra...
Ribeira vén de sumar unha nova agrupación á súa longa tradición teatral. Trátase da compañía ‘Enraízadas’ que se estreará o próximo 19 de setembro cunha función solidaria.
Memoria Histórica e o BNG recuperarán a figura de dous ribeirenses represaliados
A colaboración entre a Comisión pola Recuperación Histórica do Barbanza e o BNG de Ribeira permitirá poñer en valor a dous ribeirense represaliados durante a ditadura. Ademais de elaborar publicacións sobre a figura de Enrique Fernández Sendón e Vicente López Novo e promoverán unha serie de recoñecementos para dar a coñecer a súa historia tras anos silenciados.
O Bazar de Oujo, Fresas e Papalarpadas gañan o concurso de decoración de Artemar
O concello de Ribeira entregou os premios ós establecementos gañadores do concurso de escaparatismo Artemar. O Bazar de Oujo, Papalarpadas e a froitería Fresas foron os tres locais que contaron con máis votos do público.
O CEIP O Grupo de Ribeira arranca o curso con protestas polos recortes
O inicio do curso na comarca do Barbanza estivo marcado polas protestas. No CEIP O Grupo, de Ribeira, os membros da comunidade educativa concentráronse ás portas do centro para reclamar a incorporación dun titor que permita o desdobre en terceiro de primaria.
O concello de Ribeira trasladaralle á Xunta as necesidades dos centros educativos
Dende o concello de Ribeira sumáronse á concentración da ANPA do Grupo en sinal de apoio ás reivindicacións de toda a comunidade educativa. Anunciaron ademais que se porán en contacto coa Consellería de Educación para trasladarlle as necesidades que presentan tódolos centros do municipio.
O futuro da vela deuse cita en Ribeira no marco da XIX Regata Gadis
Medio cento de nenos participaron esta fin de semana na regata Gadis organizada polo Club Náutico de Ribeira. A entrega de premios contou coa asistencia do presidente honorífico, Ramiro Carregal, que anunciou a construción dunha nova escola de vela.
A Pobra acollerá o 15 de setembro o Campionato Galego de Remo de Mar
Esta mañá presentábase na Pobra o Campionato Galego Xunta de Galicia de Remo de Mar. unha proba que terá lugar o vindeiro domingo 14 de setembro baixo a organización do Club de Remo Puebla e a Federación Galega de Remo. Estará aberto a tódalas categorías, dende alevín a veteranos, e nela prevese unha participación duns 150 remeiros procedentes de clubs de toda Galicia.
A conselleria do Mar supervisou os traballos do operativo de emerxencias no ‘Awadi’
Despois de catro días de traballo, no porto de Ribeira continúan as labores de extinción no arrastreiro ‘Awadi’. O lume no interior do buque segue activo, aínda que con escasa incidencia e xa se dá por controlado. O operativo despregado na zona centra agora os seus esforzos en extraer os residuos contaminantes que se detectaron na bodega do buque para evitar que vaian a parar o mar.
Os comuneiros de Lesón denuncian novos estragos do gando mostrenco nas súas plantacións
A Comunidade de Montes de Santa Cruz de Lesón na Pobra do Caramiñal vén de denunciar os estragos ocasionados polo gando mostrenco en varias das súas plantacións, na Curota. Segundo eles non é un problema novo. Apelan ás Administracións con competencias na materia, nomeadamente á Xunta e ó Concello, a que tomen cartas no asunto, para que traten de identificar ós presuntos responsables, xa que os danos ocasionados representan un alto custe para a Comunidade.
Seguen os traballos de extinción no pesqueiro incendiado no porto de Ribeira
En Ribeira os equipos de emerxencias continúan coas labores de extinción do lume declarado na tarde de onte nun pesqueiro atracado no porto da localidade. Segundo informaron fontes do propio operativo, os esforzos céntranse agora en evitar o afundimento do buque e as posibles verteduras ó mar. Os traballos de extinción poderían prolongarse durante varios días.


















