O concello de Ribeira volve demandar maior dotación de axentes da Policía Nacional
O concello de Ribeira volve demandar ó goberno central o incremento de axentes da Policía Nacional na comisaría de Ribeira. De xeito paralelo, procedeu á incorporación de 8 auxiliares de policía local que prestarán servizo no municipio ata finais de ano.
Fabiola García pon en valor a contribución de AMICOS á conservación do medio mariño
A Conselleira de Política Social coñeceu os numerosos proxectos medioambientais que ten en marcha a asociación AMICOS. Ademais da visita ó centro ocupacional de Comoxo, tivo ocasión de desprazarse ata Sálvora para participar nunha xornada de recollida de lixo mariño.
O Museo Valle-Inclán amplía a súa oferta de visitas comentadas durante o verán
O Museo Valle-Inclán oferta visitas comentadas ó longo de todo o verán. Nestes encontros divulgativos, os asistentes poden achegarse ós valiosos fondos documentais que alberga o centro así como coñecer a historia da Torre de Bermúdez declarada Ben de Interese Cultural.
Máis de 500 peregrinos participarán na 39 edición da Traslatio que parte este domingo...
Máis de 500 peregrinos rememorarán este domingo a ruta xacobea da Traslatio, a orixe de tódolos camiños de Santiago. Partirá nesta trixésimo novena edición dende o club náutico de Boiro
O concello de Ribeira confía en acadar a autorización de Portos a pesar dos...
O concello de Ribeira contestará ó cuarto requirimento de Portos de Galicia para autorizar a instalación das atraccións no recheo. Aínda así, dende o executivo critican as esixencias do ente autonómico demandando estudos pormenorizados nunca antes requiridos.
Rafael Álvarez ‘El Brujo’ volverá a Ribeira este outono
Tralo éxito da súa primeira actuación o pasado ano, Rafael Álvarez ‘El Brujo’ volta a Ribeira. Será o 18 de outubro cando recale novamente no auditorio municipal con ‘El viaje del monstruo fiero'. As entradas sairán á venda o próximo luns.
As festas do Carme do Castelo abren o calendario festivo na Pobra
Presentadas na Pobra as festas do Carme do Castelo. A cita, coa que se inaugura o calendario festivo na localidade, desenvolverase do 18 ó 20 de xullo, cun programa completo con propostas para tódolos públicos. Un dos pratos fortes do programa será de novo o Festival Folk que chega este ano a súa novena edición e que incluirá o concerto de Sés.
A campaña Merca no teu Comercio premia a fidelidade dos clientes da Pobra e...
A praza do emigrante da Pobra foi escenario da entrega de premios Merca no teu comercio. Os agraciados nesta campaña desenvolvida tanto no concello pobrense como en Porto do Son, recolleron os seus vales por valor de 50 euros para consumir no comercio local.
A CIG denuncia a falla de persoal nos centros de saúde do Barbanza durante...
A CIG denuncia a falla de cobertura de prazas en atención primaria durante o verán. As delegadas na comarca do Barbanza alertan de que a situación non afecta unicamente ó persoal médico senón tamén a técnicos de enfermería, matronas ou fisioterapeutas.
Portos require novamente documentación ó concello de Ribeira para autorizar as festas
Segue a polémica pola autorización das festas en Ribeira. Portos envioulle esta mesma mañá ó Concello un novo requirimento para que achegue diversa documentación para poder tramitar a autorización necesaria para a celebración das festas no porto en condicións de seguridade para as persoas e para as propias instalacións portuarias. Segundo sinalan dende o ente autonómico dependente da consellería do Mar, trátase do cuarto requirimento realizado logo dos envíos de documentación incompleta, errónea ou non válida por parte da Administración Local.

















