O PP de Boiro critica o endebedamento que suporá para os boirenses a reforma...
O PP de Boiro critica a aprobación dun crédito por valor dun millón e medio de euros para a reforma da casa da cultura da Cachada. Os populares denuncian que o concello vaia acometer un proxecto que pode chegar ós seis millóns sen ter comprometidos fondos para a súa execución, poñendo en risco a economía de tódolos boirenses.
A bandeira azul xa loce na praia de Lombiña-Cabío
A Pobra procedeu este mediodía ó izado simbólico da bandeira azul na praia de Lombiña-Cabío, coincidindo co inicio da temporada de verán. Por segundo ano consecutivo, o distintivo, que premia a calidade das augas e os servizos que ofrece, volverá a ondear neste areal.
A Pousada homenaxeará a Javier Krahe no seu décimo cabodano
A Pousada da Galiza Imaxinaria en Boiro acollerá este sábado, 28 de xuño, un homenaxe ó músico madrileño Javier Krahe, cando se cumpren dez anos do seu falecemento. A actividade, que reunirá a un gran elenco de artistas, coincidirá tamén co seu último concerto no local boirense, celebrado meses antes da súa morte.
Os retos de futuro do sector empresarial, a debate na Pobra
A Pobra acollía na tarde de onte o segundo Foro Atlántico Empresarial. A xornada, organizada por Solo Empresarial do Atlántico, tiña coma finalidade abordar a situación actual e os retos de futuro nos parques empresarias de Galicia. Ademais da xerente da SEA, Beatriz Sestayo, o acto contou coa presenza do alcalde, José Carlos Vidal, e a subdelegada do Goberno en Galicia, María Rivas.
Tres recoñecidos muralistas encherán Ribeira de cor na segunda edición do Festival Salmoira
Ribeira segue a poñer en valor os seus espazos máis degradados cunha nova edición do Festival de Muralismo Salmoira. Nesta ocasión serán os artistas Mon Devane, Lidia Cao e Fernando Yálezos encargados de encher de cor as fachadas da vila...
Cae unha banda especializada en roubos a comercios en toda Galicia
Detida unha parella en Santiago especializada en roubos a comercios en toda Galicia. Foi no marco da denominada operación Bluehammer. A Garda Civil impútalles polo menos uns 51 roubos con forza en negocios de nove municipios das provincias da Coruña e Pontevedra, entre os que se atopan Noia, Padrón, Valga e Barro.
150 odontólogos daranse cita no Congreso Internacional de Implantoloxía da Pobra
A Pobra acolle esta fin de semana unha das súas citas profesionais máis importantes que xa se converteu nun referente en toda España. O Simposio Internacional de Odontoloxía traerá ata a vila a centos de profesionais atraídos polo alto nivel dos poñentes.
Os empresarios de Ribeira demandan a unificación dos dous pasos de peóns no Centenario
RIBEIRA> A Asociación de Empresarios de Ribeira insiste na necesidade de manter un dos actuais pasos de peóns na rúa Miguel Rodríguez Bautista. A...
O coworking da Pobra promove unha travesía do emprendemento para mulleres
Un grupo de 20 mulleres surcarán a ría de Arousa nunha orixinal travesía impulsado polo coworking da Pobra. O obxectivo é visibilizar e poñer en común o proceso que implica o emprendemento.
Nova oportunidade para afondar nos ‘Mitos e Lendas’ de Ribeira
O grande éxito colleitado pola segunda edición do Roteiro Mitos e Lendas levou ó concello de Ribeira a programar unha saída adicional para as persoas que quedaron fora. Será o 12 de xullo e xa están abertas as inscricións.

















