Rafa Moraña será o pregoeiro do Día do Orgullo en Ribeira
Rafa Moraña será o pregoeiro do Día do Orgullo en Ribeira que se celebra este sábado. Ademais do acto institucional previsto para mediodía haberá unha festa nocturna na Porta do Sol coa actuación de DJ Nell.
Unha vintena de propostas culturais integran o programa ‘Lecer na Ribeira’
Ribeira prepárase para un verán cheo de cultura e lecer. Durante os meses de xullo, agosto e setembro desenvolverase un amplo programa cultural con actividades para toda a poboación aínda que máis enfocadas cara un público familiar.
O activista cubano Joelkis Torres abrirá a conmmemoración do Día do Orgullo en Ribeira
O concello de Ribeira conmemorará o Día do Orgullo con varios actos ó longo desta semana. O primeiro será unha charla a cargo do activista cubano Joelkis Torres, organizada por Amnistía Internacional en colaboración con Mulleres en Acción e a asociación Malas Herbas.
A asociación cultural As Peñas volverá organizar dúas das citas principais das Festa de...
Como tódolos anos a Asociación Cultural Peñas Boiro será a encargada de organizar dúas das citas máis multitudinarias das festas do verán. O Remember Fest inaugurará as celebracións con música mentres que o luns as peñas tomarán o parque da Cachada.
A Deputación da Coruña entregou en Padrón os Premios PEL 2025
A Deputación da Coruña entregou en Padrón os Premios PEL 2025
Aguiño celebrará a XXVI Festa do Percebe o domingo 27 de xullo
Esta mañá presentábase en Ribeira a 26 edición da Festa do Percebe de Aguiño. A cita, declarada Festa de Interese Turístico Galego, terá lugar o domingo 27 de xullo.
Boiro acollerá do 14 ó 18 de xullo unha nova edición do Depor Campus
Boiro dará cabida un verán máis ó Depor Campus. A actividade, que chega este ano a súa oitava edición, vai dirixida a nenos de entre 6 a 14 anos que queiran mellorar as súas habilidades futbolísticas a través do xogo. Realizarase do 14 ó 18 de xullo en horario de mañá no campo de fútbol de Valiño. As inscricións xa están abertas, podéndose realizar ata o día 7 de xullo a través da web do Deportivo.
Arranca en Ribeira a VI Feira do Autmóbil Híbrido e Eléctrico con importantes novidades
Trece marcas expoñen dende hoxe en Ribeira as últimas novidades do mundo do motor. A Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico abriu as portas este mediodía na Praza de España con importantes novidades respecto a anteriores edicións.
Boiro reforza o cadro da Policía Local coa incorporación de tres axentes auxiliares
Boiro incrementa este verán o corpo da Policía Local coa incorporación de tres novos auxiliares. Durante catro meses formarán parte do cadro de persoal para reforzar o servizo na época de máis actividade e na que se concentran numerosos eventos que requiren de dispositivos especiais de seguridade.
Os boirenses volverán camiñar contra o cancro este domingo
Boiro volverá camiñar unido contra o cancro. Este domingo terá lugar unha nova edición da andaina solidaria que organiza a xunta local da AECC no municipio. Constará dun percorrido duns cinco quilómetros polo paseo do río Breiro, a praia de Barraña e o estuario do río Coroño.

















