Luís Zaherá será o pregoeiro das festas de Boiro que conxugan tradición e modernidade

Boiro quenta motores para celebrar as súas festas de verán, as máis madrugadoras da comarca. Desenvolveranse entre o 4 e o 9 de xullo e contará coas mellores orquestras de Galicia así como tributos a bandas míticas e gran presenza de folclore e música tradicional.

O Consello de Cultura Galega e o concello de Ribeira asinan un protocolo de...

O concello de Ribeira vén de asinar un protocolo de colaboración co Consello da Cultura Galega. Este convenio busca achegar as distintas actividades... A primeira das actividades enmarcadas nesta colaboración será unha xornada sobre cultura marítima que se desenvolverá o 3 de xullo na capital do Barbanza.

200 escolares da Pobra e Boiro participan na clausura de LudiEduca

Preto de 200 nenos participaron esta mañá no peche do programa LudiEduca que promoven Cruz Vermella e Jealsa en colaboración con colexios de Boiro e A Pobra. Contaron nesta xornada festiva coa participación do divulgador Rogelio Santos quen abordou a importancia de conservar o medio natural e promover unha economía sostible.

Nove equipos disputarán este sábado na Pobra o I Torneo de Fútbol Ría de...

A Pobra será escenario este vindeiro sábado da primeira edición do Torneo Fútbol 11 Ría de Arousa de Fútbol Feminino. A cita, que reunirá no campo municipal de Cadreche a un total de nove equipos de toda Galicia, está organizada de forma conxunta polo Puebla C.F. e o Atlético Arousana.

Uns 150 nadadores tomarán parte este domingo na VII Travesía a Nado Illa de...

Uns 150 nadadores tomarán parte este domingo na VII Travesía a Nado Illa de Rúa

Sen rastro do autor das pintadas no Pazo da Mercé

Varios días despois de producirse o suceso, non hai novidade en relación á autoría das pintadas no Pazo da Mercé. O alcalde, José Carlos Vidal, lamentou os feitos, pois, segundo el, supoñen un atentado contra un ben patrimonial, que aínda que non é municipal, ten un gran valor histórico.

Protesta do persoal de limpeza do hospital da Barbanza para reclamar a equiparación salarial

Persoal das empresas que realizan o servizo de limpeza dos hospitais comarcais de Barbanza, Salnés e Cee concentráronse esta mañá ás portas dos seus respectivos centros hospitalarios para reclamar mellores condicións laborais e a equiparación salarial cos traballadores do Sergas. A convocatoria partiu da Confederación Intersindical Galega e foi secundada por máis dun cento de traballadores nos tres hospitais.

Unhas corenta embarcacións tomarán parte este sábado na XXIV Regata Frinsa

Esta mañá presentábase nas instalacións do Club Náutico Deportivo de Ribeira a 24 edición da Regata Frinsa. A proba disputarase este próximo sábado 21 de xuño en augas da Ría de Arousa.

Ribeira trasládalle a Portos unha proposta para o emprazamento das atraccións das festas

O executivo ribeirense segue erre con erre con Portos para poder emprazar as atraccións das súas festas de verán no lugar que ocuparon sempre, na zona do Malecón. O Concello presentoulle ó ente autonómico unha proposta alternativa, na que se garante o uso portuario. A pelota está agora no tellado de Portos que deberá autorizar ou non o emprazamento.

Alumnos do PIE de Ribeira exploran novas vías de emprendemento a través do cooperativisimo

O viveiro de empresas de Ribeira acolleu esta mañá unha xornada informativa sobre o cooperativismo. Unha ducia de alumnos do Programa Integrado de Emprego coñeceron a vantaxes desta fórmula xurídica á hora de emprender.

REDES SOCIAIS

40,764FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete