Ribeira porá en marcha este verán un ciclo de cine mudo en varias praias...

O departamento de Turismo de Ribeira programa ó longo deste verán un ciclo de cine mudo. O visionado de grandes clásicos cinematográficos terá un atractivo engadido posto que se desenvolverá en areais da contorna.

Rianxo segue coas licitacións para ampliar a rede municipal de abastecemento

RIANXO> O executivo rianxeiro segue co seu plan de mellora de servizos coa licitación de varias actuacións que teñen coma principal finalidade a ampliación da...

Os veciños de Bealo organizan este domingo a súa ‘Muiñada’

Os veciños da parroquia boirense de Bealo presentan unha nova edición, a cuarta, da súa Muíñada. A cita terá lugar este vindeiro domingo á partir das cinco da tarde cun amplo programa de actividades nas que se inclúen exposicións, música e baile popular e ata unha merenda popular.

Ribeira súmase ás mobilizacións de SOS Sanidade Pública contra o incremento das listas de...

Como cada xoves, a plataforma pola Sanidade Pública do Barbanza volveu demandar médicos ás portas do centro de saúde de Ribeira. Esta mobilización coincide coas convocadas en outros puntos de Galicia por SOS Sanidade Pública para denunciar a precariedade nos servizos de atención primaria e o incremento das listas de agarda.

As cantareiras Pan Sen Fron actuarán no VIII Festival Sons de Aguiño

Aguiño celebrará a oitava edición do Festival Sons organizado pola Asociación Francisco Lorenzo Mariño. Contará coa actuación conxunta dos grupos Bailadela e Sete Linguas e o peche correrá a cargo de Pan Sen Fron, como agrupación convidada.

Portos e Concello reuniranse este venres para abordar a instalación das festas en zona...

O concello de Ribeira e Portos de Galicia tentarán achegar posturas trala polémica sobre o emprazamento das atraccións das festas. Este venres está prevista unha xuntanza entre responsables de ámbalas dúas administracións para buscar alternativas que permitan a instalación dos postos.

Ribeira amplía a súa oferta dixital este verán con tres cursos para mozos e...

Os ribeirenses disporán este verán dunha ampla oferta de cursos de informática. Ademais dos programas de iniciación e perfeccionamento para adultos, haberá tres campamentos dixitais dirixidos á mocidade.

Ribeira quenta motores para unha nova edición da Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico

Ribeira quenta motores para unha nova edición da Feira do Automóbil Híbrido e Eléctrico. A cita que chega este ano a súa sexta edición, desenvolverase entre o 20 e 0 22 deste mes de xuño. Celebrarase como é costume na praza de España coa participación dun total de trece marcas.

Os empresarios de Ribeira piden que se manteña un dos actuais pasos de peóns...

A Asociación de Empresarios de Ribeira demanda o mantemento dun paso de peóns entre a praza do Centenario e Miguel Rodríguez Bautista. O proxecto de reforma integral deste espazo contempla tan só un paso central, obrigando ós viandantes a dar un rodeo considerable para pasar dunha beirarrúa a outra.

150 corredores daranse cita na Carreira el Canario 5K en Ribeira

Uns 150 corredores tomarán parte na carreira ‘El Canario’ 5K que se disputará en Ribeira o 22 de xuño. Ademais da categoría absoluta haberá modalidade por parellas e zapatilla inclusiva así como probas para os máis pequenos.

REDES SOCIAIS

40,764FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete