Récord de candidaturas presentadas á sétima edición dos Premios PEL

Os Premios PEL da Deputación baten récord de participación, con un total de 127 candidaturas presentadas. Repartiranse uns 75 mil euros en premios, valorando aqueles proxectos destacados polo seu talento emprendedor, a traxectoria empresarial e a innovación sostible. O gala de entrega dos Premios PEL terá lugar o vindeiro 20 de xuño no Campus Tecnolóxico de Cortizo, en Padrón.

Boiro celebra este sábado a súa ‘Noite Aberta’

Chega a Boiro unha nova edición da Noite Aberta. A actividade será xa este vindeiro sábado. Ese día as tendas abrirán ata as dez da noite con descontos , animación e sorteos de regalos entre os clientes participantes.

A Deputación financiará integramente o proxecto do vial de Berres ó Saltiño

O alcalde de Boiro, Xosé Ramón Romero,  valorou de xeito moi positivo a xuntanza mantida hai varios días co presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, ó que lle presentaron o proxecto definitivo de construción do novo vial entre o Saltiño e Berres. Segundo o rexedor trátase dunha actuación importante, que pasará dos dous millóns de euros, financiada o 100% polo organismo provincial, que servirá para desconxestionar o tráfico no casco urbano, ademais de mellorar a conexión entre as parroquias de Cabo de Cruz e Abanqueiro.

O alcalde da Pobra reunirase coas monitoras para explicar as causas da privatización do...

O alcalde da Pobra reunirase mañá coas traballadoras do servizo de conciliación para explicarlles as causas que impiden a renovación do seu contrato. O concello sacou a licitación o contrato para prestar este servizo  ante a obriga legal que implica a reforma laboral en materia de contratación pública.

O Torneo de Fútbol Base do Abanqueiro SD reunirá a un total de 130...

Esta mañá presentábase en Boiro a décimo sexta edición do Torneo de Fútbol Base Abanqueiro SD – Trofeo Concello de Boiro. A cita terá lugar nas dúas próximas fins de semana, os días 7 e 8 de xuño, e o 14 e 15.  No torneo tomarán parte máis de 130 equipos de categorías biberón, prebenxamín, benxamín e alevín.

O concello da Pobra substitúe a pasarela de madeira da Pedra da Moura por...

Os veciños e visitantes que se acheguen á Pobra este verán gozarán dun mellorado paseo. O concello retirou a antiga pasarela de madeira que conecta o estadio da Alta con Cabío posto que se atopaba moi deteriorada. no seu lugar, habilitouse un sendeiro de terra, máis seguro e con menor mantemento.

Luz verde o proxecto de remodelación do paseo marítimo rianxeiro

A corporación municipal de Rianxo aprobaba no último pleno o proxecto para a remodelación do paseo marítimo entre o Castelo da Lúa e a praia da Torre. O proxecto, valorado nuns 190 mil euros, incluirá varias actuacións, entre as que se atopa a remodelación da pasarela que cruza a desembocadura do río Té e a construción dunha zona de ocio infantil xunto á praia da Torre. Tamén se contemplan traballos de recuperación do Castelo da Lúa.

Aberto o prazo de inscrición para o ‘Ribeira Concilia’

Ribeira ten aberto xa o prazo de inscrición para o ‘Ribeira Concilia’. O programa de actividades municipais que busca a conciliación familiar durante a tempada estival. Desenvolverase os meses de xullo e agosto e as familias interesadas poderán anotarse ata o vindeiro 12 de xuño, de forma presencial na Oficina de Atención ó Cidadán ou ben de xeito telemático a través da web ribeira.gal.

Baixa o índice de criminalidade en Ribeira

Satisfacción no seo do goberno ribeirense tras coñecerse os datos publicados polo Ministerio de Interior que indican un descenso da criminalidade en Ribeira. O alcalde considera que as estatísticas responden ás políticas desenvolvidas nos últimos meses para facer de Ribeira un municipio máis seguro.

Nace en Boiro unha nova asociación de xubilados co obxectivo de conseguir unha residencia

Nace en Boiro unha nova asociación de xubilados presidida por Manuel Velo. A súa principal demanda é a construción dunha residencia da terceira idade así como a posta en marcha de máis actividades socioculturais para os maiores.

REDES SOCIAIS

40,764FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete