A Pobra contará cun cuartel da Garda Civil dotado con 12 efectivos

O Subdelegado do Goberno na Coruña desprazouse esta mañá ata A Pobra para anunciar a creación dun posto oficial da Garda Civil no municipio. Actualmente existe unha unidade auxiliar dependente do cuartel de Boiro. Coa autorización da conversión pasará de 3 a 12 efectivos.

Daniel Landesa faise co VIII Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro

A oitava edición do Premio de Literatura Infantil Carlos Mosteiro xa ten gañador. O xurado, reunido esta mañá no concello da Pobra, elixiu por unanimidade a obra ‘A nena Pingüín’ de Daniel Landesa.

A Pobra adianta o seu desfile de Nadal ó venres ante as malas previsións...

A POBRA> O desfile de Nadal que se ía celebrar o sábado 20 de decembro, debido ás previsións de mal tempo aidántase para a...

Os numerosos achados no Castro da Croa amosan a importancia defensiva do xacemento

A escavación desenvolvida a pasada semana no Castro da Croa revelou importantes datos sobre este xacemento. Os vestixios achados indican que estivo longamente ocupado e contou cunha extensa actividade.

A Pobra reparte 1200 caramiñas no primeiro sorteo da praza de abastos

Os sete afortunados gañadores do primeiro sorteo de caramiñas da praza de abastos da Pobra recollían esta mañá os seus vales. Poderán trocalos nos distintos postos do mercado pobrense ata o día 24.

O Club de Atletismo Barbanza denuncia o mal estado da pista da Alta

O Club de Atletismo e Deportes do Barbanza denuncia o precario estado en que se atopa a pista de atletismo da Alta. A falla de mantemento, nunha instalación que conta xa con máis de tres décadas, implica moitas limitacións para o seu uso supoñendo mesmo un risco para os deportistas que alí adestran.

O concello da Pobra executa a limpeza dos ríos para previr desbordamentos

O concello da Pobra está a acometer a limpeza do cauce do río Lérez no seu treito urbano para evitar desbordamentos durante a época de chuvias. Os operarios municipais procederon á retirada de sedimentos e restos de vexetación acumulados en varios treitos.

AMBAR volve apostar polas series de ficción no seu calendario solidario

Xa está á venda o calendario solidario de AMBAR. Un ano máis reproduce as portadas de series de ficcións españolas e galegas cuns actores de excepción. O resultado das fotografías, tomadas por Pichero, foi presentado esta mañá no Teatro Elma da Pobra.

Arrinca a escavación do castro da Croa en Postmarcos

A delegada territorial da Xunta na provincia da Coruña visitou esta mañá o xacemento do Castro da Croa de Postmarcos. Esta semana comezou unha intervención arqueolóxica na zona para desentrañar a historia deste castro, un dos máis importantes e singulares da comarca. O primeiro xacemento, ademais, de interior, que se escava na comarca do Barbanza.

A Pobra, pioneira na inclusión sociolaboral de mulleres en situación de vulnerabilidade

A inclusión e o empoderamento feminino son os eixos sobre os que xira o proxecto Construíndo Futuros que ven de poñer en marcha o concello da Pobra en colaboración con Médicos do Mundo.

REDES SOCIAIS

40,767FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete