O concello da Pobra considera ‘positivo e necesario’ o traslado do Fernández Varela
O concello da Pobra seguirá adiante coa proposta de traslado dos alumnos do Fernández Varela a Bandaseca. Priman os criterios de baixada de matrícula no CEP Salustiano Rey Eiras que conta con instalacións infrautilizadas que poderían acoller tanto o módulo de infantil como a zona de comedor e madruga.
Os pais da E.E.I. Fernández Varela opóñense ó traslado dos alumnos a Bandaseca
Oposición da comunidade educativa ó posible traslado dos alumnos da Escola de Educación Infantil Fernández Varela a outro centro. Tanto os pais como o equipo docente manifestaron a súa disconformidade coa proposta do concello.
O Apalpador e Papá Noel visitarán A Pobra esta fin de semana
O espírito navideño invadirá A Pobra esta fin de semana con varios desfiles e actividades que farán disfrutar ós máis pequenos da casa. O Apalpador e Papá Noel visitarán a vila e mesmo nevará no Cantón da Leña.
Detidos dous pobrenses por estafar a máis de 20 afectados usurpando a súa identidade
Detida unha parella na Pobra por múltiples delitos de usurpación de identidade e estafa. A través de enganos ou furtos obtiñan documentación persoal das súas vítimas para contratar servizos de telecomunicacións. Hai máis de 20 afectados en toda España.
O Apalpador e Papá Noel visitarán ós nenos da Pobra
A Pobra recibirá este Nadal a visita do Apalpador e Santa Claus. A estas actividades súmanse outras propostas festivas como o tren de Nadal ou unha xornada de neve no Cantón da Leña.
A Pobra incorpora a danza á súa programación de Nadal
A Pobra incorporará a danza á súa programación de Nadal este ano. Serán dous os espectáculos dos que poderán gozar os veciños no Cine Elma da man de Et Suseia Danza e Fran Sieira.
Dous chefs da Pobra compartirán as súas receitas coa veciñanza nas Mostras de Cociña...
O concello da Pobra volve poñer en marcha as Mostras de Cociña este Nadal. Serán os días 13 e 27 de decembro, cando dous recoñecidos cociñeiros pobrenses compartirán coa veciñanza os seus segredos na elaboración de receitas.
Abre o prazo para inscribirse no obradoiro de conciliación de Nadal da Pobra
A concellería de Igualdade da Pobra volve ofertar un obradoiro de conciliación para o Nadal. Desenvolverase durante todo o período non lectivo nas instalacións do colexio Salustiano Rey Eiras. As inscricións poden realizarse ata o 18 de decembro.
A Pobra estrea Nadal co acendido do alumeado e a inauguración do belén municipal
O Concello procedeu esta fin de semana ó acendido do alumeado de Nadal. O acto simbólico, no que tomaron parte as autoridades locais, desenvolveuse na praza Alcalde Segundo Durán. Aproveitouse tamén para realizar a inauguración do belén municipal que volve a estar localizado na praza do Emigrante.
Os clientes da praza da Pobra poderán obter de balde as súas ceas de...
Ós pobrenses que este Nadal realicen as súas compras na praza de abastos poden saírlle de balde as ceas de Noiteboa ou Noitevella. O concello volve poñer en marcha a campaña das caramiñas no mercado coa que premiará a fidelidade dos clientes da praza con dous sorteos que repartirán un total de 2400 euros.

















