A Pobra conmemorará o Día das Forzas Armadas cun concerto
O Cine Elma da Pobra acollerá o próximo 6 de xuño un concerto da Unidade de Música do Cuartel Xeral do Mando de Apoio á Manobra. Esta actividade, enmárcase no programa de actos conmemorativos que se están a desenvolver co gallo do Día das Forzas Armadas.
Máis de 350 persoas participan na X Andaina Solidaria de Congalsa
Éxito de organización, e tamén de participación, na décima edición da Andaina Solidaria de Congalsa celebrada onte domingo na Pobra. A iniciativa reuniu a máis de 350 persoas, que saíron a camiñar por unha boa causa. Todo o recadado, a firma o entregará a distintas ONG’s que traballan na comarca e tamén á Confraría de Pescadores da Pobra, entidade que está a atravesar un momento delicado, ó borde da desaparición.
A Plataforma estuda novas medidas de presión para lograr a apertura do PAC da...
Continúan as concentracións da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública do Barbanza. Esta mañá tiñan lugar fronte ó centro de saúde de Aguiño para demandar a cobertura do cen por cento das prazas e na Pobra onde esixen a apertura do PAC en quenda de tarde.
Congalsa recibe o Real Olé de Nova Iorque e o Fursán Hispania de Dubai
Todo preparado na Pobra para acoller unha nova edición do Torneo Internacional de Fútbol Base Congalsa. Este ano coa participación dun total de 37 equipos en categoría alevín. Dous deles, o Real Olé, de Nova Iorque, e o Fursán Hispania de Dubai xa se atopan na localidade e esta mañá foron recibidos nas instalacións de Congalsa, empresa principal patrocinadora do evento.
O Museo Valle-Inclán dará a coñecer ó público o seu funcionamento interno
Como cada ano, o concello da Pobra volverá conmemorar o Día dos Museos. Será a través dunha conferencia programada para este xoves día 21 na que se dará a coñecer o traballo interno do Museo Valle-Inclán. Os asistentes poderán seguir o percorrido que realizan os bens dende a súa entrada no museo ata a súa catalogación como parte dos fondos.
A Pobra apoia novas aperturas comerciais a través do premio Emprende-Co
O concello da Pobra convocará o premio Emprende enmarcado no programa de apoio a novas aperturas comerciais. Os proxectos seleccionados contarán coa cesión dun local da bolsa de alugueiro do concello, un servizo de asesoramento técnico e unha achega económico de 10 mil euros.
Congalsa incorpora a confraría da Pobra e Cruz Vermella ós beneficiarios da súa andaina
Congalsa celebrará o domingo 24 de maio a décima edición da súa andaina solidaria. Este ano incorpora dúas novidades entre as entidades beneficiarias. A Confraría da Pobra e Cruz Vermella Ribeira súmanse a Cáritas e ICE Renovación.
As bolsas Juan Lampón recoñecen a traxectoria deportiva e académica de seis estudantes do...
O IES Pobra acolleu esta mañá o acto de entrega das bolsas Juan Lampón a seis estudantes da comarca. Nesta vixésimo primeira edición presentáronse 25 solicitudes de alumnos que combinan un excelente expediente académico cunha exitosa traxectoria deportiva.
A XII concentración ‘Sen Frenos’ congregará a preto de mil motos na Pobra
Preto de mil motos concentraranse no Paseo dos Areos da Pobra entre o 16 e o 17 de maio. A decimo segunda edición da concentración moteira ‘Sen Frenos’ promete espectáculo e diversión para os amantes do motor.
A confraría da Pobra lanza unha mensaxe de auxilio para evitar o seu peche
A confraría da Pobra atravesa o peor momento dos seus 102 anos de historia. A caída de ingresos derivada da perda de produtividade dos bancos ten á entidade ó borde do peche. Para evitar a súa desaparición, veñen de presentar un plan de auxilio social que inclúe dende campañas de crowfunding e actividades para a recadación de fondos ata colaboracións con grandes empresas da zona.


















