O BNG reivindica en Rianxo a figura de Castelao
O BNG celebrou en Rianxo o tradicional acto de homenaxe a Castelao cando se cumpre o seu 76 cabodano. Ademais dun acto público no auditorio municipal, no que participaron a portavoz municipal, Sarela Betanzos, a deputada, Rosana Pérez, e a voceira nacional, Ana Pontón, os nacionalistas realizaron a tradicional ofrenda floral ante o busto do insigne galeguista, emprazado no Paseo da Ribeira.
O PSOE de Rianxo pide unha mellor xestión do servizo de recollida e control...
O PSOE de Rianxo pide ó goberno unha mellor xestión da recollida e control de animais abandonados. Recolle así as queixas de diversas entidades e asociacións ó respecto de deficiencias no servizo.
A caída da produtividade do marisco pon en serias dificultades ás confrarías do Barbanza
As confrarías de Arousa pechan o ano con serias dificultades ante a caída prolongada da actividade marisqueira. No caso de Rianxo, o ERTE finaliza a día 31 e dende a directiva xa barallan medidas para paliar a difícil situación económica que afrontan.
M. Ángel Iglesias: ‘As campañas de Nadal xa non son o que eran’
RIANXO> A chegada destas datas, coa campaña de Nadal, representaba para moitos mariscadores unha fonte maior de ingresos, pero lonxe desa realidade, nos últimos anos,...
O mercado de Nadal revitaliza a praza de abastos de Rianxo
A praza de abastos de Rianxo acolleu estes días un Mercado de Nadal. Un total de dez postos ofreceron produtos artesanais ós numerosos visitantes que pasaron pola instalación ó longo desta semana.
O PSOE de Rianxo pide a revisión integral da balaustrada do Campo de Arriba...
O PSOE de Rianxo urxe a acometer actuacións urxentes de mantemento en varios puntos do casco histórico. Os socialistas demandan un reforzo da limpeza e do mantemento na Praza da Fonte así como a revisión da balaustrada do Campo de Arriba ante os desprendementos rexistrados nos últimos meses.
Rianxo respira Nadal ás portas dun fin de semana cheo de actividades
Rianxo ten deseñado un amplo abano de actividades para este Nadal dirixidas a todo tipo de públicos, dende pequenos a maiores. Durante esta fin de semana acapararan a atención os festivais de Nadal, nos que destacan os que protagonizarán os alumnos da Escola de Música Municipal.
A consellería do Mar limita a só tres días a extracción de vieira en...
Esta mañá arrancaba a campaña da vieira na ría de Arousa. Foi un arranque limitado e controlado pola consellería do Mar e previamente consensuado coas dúas confrarías autorizadas para a extracción desta especie, como son Cambados e Rianxo. A campaña reducirase unicamente a tres días, dende hoxe ata o venres 19, cun máximo de 7.500 quilos de vieira para os dous pósitos.
Portos cede ó Concello a parcela a carón do auditorio que será empregada como...
Portos de Galicia cede ó concello de Rianxo unha parcela de seis mil metros cadrados a carón do auditorio municipal que será empregada como aparcamento público. Así o anunciou a conselleira do Mar, Marta Villaverde, durante unha visita á zona na que estivo acompañada polo presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez.
A gardería da Tomada amplia a súa capacidade ata as 80 prazas
A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, asistiu esta mañá á inauguración da ampliación da escola infantil do parque empresarial da Tomada, na Pobra. A actuación realizada contou cunha achega da Xunta duns 240 mil euros. As obras levadas a cabo permitiron dobrar a súa capacidade ata acadar as 80 prazas.

















