A ARE fará latexar o comercio de Rianxo como corazón da vila
A Asociación Rianxeira de Empresarios pon en marcha a campaña de dinamización comercial. ‘Rianxo Latexa’. Desenvolverase ó longo desta semana cun amplo programa de actividades encamiñadas a incentivar as compras no comercio local. Os participantes entrarán no sorteo de tres vales de compra de 500 euros cada un.
A Gladiator Race chega a Rianxo
Gladiator Kids chega tamén a Rianxo. A proba, presentada esta mañá no Concello, terá lugar este vindeiro sábado 18, a partir das catro e media da tarde na praza Castelao. Será unha carreira de obstáculos para nenos de 3 a 12 anos, sen un fin competitivo. Todo o recadado a través das inscricións será destinado a Asanog, a Asociación de Axuda a Nenos Oncolóxicos de Galicia.
A Deputación e o concello de Rianxo avanzan na tramitación da futura residencia
RIANXO> A Deputación da Coruña e o concello de Rianxo avanzan no proxecto da nova residencia que se emprazará en Rianxiño. O presidente provincial...
A Xunta promoverá a remuda xeracional nos oficios tradicionais cunhas bolsas para aprendices
O conselleiro de Emprego, José González, anunciou esta mañá en Rianxo que a Xunta, na súa aposta por potenciar a formación nos oficios tradicionais, vai a sacar unha liña de bolsas para aprendices coa que pretende promover a remuda xeracional no ámbito da artesanía. Facía estas declaracións durante a visita ás instalacións de Estaleiros Catoira, un dos poucos talleres de carpintería de ribeira que quedan aínda activos en Galicia, a onde acudiu, acompañado da xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro.
O BNG apoia á ANPA de Asados nas súas demandas contra os recortes
A voceira do BNG desprazouse ata Rianxo para manter unha xuntanza con representantes da ANPA e da comunidade educativa do CEIP Ana María Diéguez de Asados e interesarse pola súa problemática. Pontón pedíulle á Xunta que cambie as ameazas por solucións, e dunha vez dote ó centro dos tres profesores que precisa, favorecendo así unha educación de garantías para os nenos con necesidades educativas especiais.
Importante avance ás novas instalacións do Náutico de Rianxo co informe favorable de Transición...
A conselleira do Mar, Marta Villaverde, acompañada do presidente de Portos de Galicia, José Antonio Álvarez, visitou o porto de Rianxo, co fin de manter diversos encontros con entidades do municipio para analizar novas actuacións en materia portuaria. A titular de Mar aproveitou a visita á localidade para anunciar un novo avance na tramitación do futuro porto deportivo.
As familias de Asados manterán a folga e non enviarán ós nenos a clase...
A ANPA do CEIP ANA María Diéguez acordou continuar coas protestas posto que ó longo da próxima semana seguirán sen enviar ós nenos a clase. As familias que así o precisen contarán con servizo de monitorado así como Plan Madruga e Comedor para favorecer a conciliación.
Os pais de Asados intensifican as protestas e seguirán sen mandar os nenos a...
Tamén en Rianxo continúan as mobilizacións no CEIP Ana María Diéguez de Asados. Este mediodía tiña lugar unha cacerolada ás portas do centro. Mentres tanto, as familias seguirán sen enviar ós alumnos a clase o que derivou no inicio do protocolo de absentismo escolar.
Os nenos do cole de Asados non irán a clase este luns no inicio...
Tal e como acordaron na última asemblea, e tras a enquisa realizada co respaldo do 100% dos pais, os nenos do CEIP Ana María Diéguez de Asados, en Rianxo, non asistirán a clase este luns, data prevista para o inicio do curso. A ANPA mantén así o pulso aberto coa consellería de Educación como medida de protesta ante a falla de profesores e especialistas no centro educativo.
Rianxo celebra esta fin de semana o XVII ‘Rock in Rian’
Todo listo en Rianxo para o arranque unha nova edición, e xa van un total de 17, do Festival Rock in Rian. Será esta fin de semana. O venres 5 e o sábado 6, coa participación dun total de 17 grupos do panorama musical galego. Como cabeza de cartel a banda madrileña Boikot, que actuará o venres a partir das once da noite.

















