O BNG esixe á Xunta celeridade na restauración ambiental das Minas de San Finx

Trala recente rotura da balsa de Monte Neme, o BNG volve alertar do risco inminente que supoñen as presas de San Finx en Lousame. Piden á Xunta de Galicia celeridade na restauración ambiental da contorna da mina así como que esixan responsabilidades á empresa responsable a pesar de ter caducado a concesión.

Lousame recupera o seu tradicional desfile de disfraces

Lousame prepara un gran festival de entroido para este vindeiro sábado. Terá lugar no polideportivo Pilar Barreiro Senra entre as seis e as nove da noite. Haberá obradoiros, inchables, e degustación de chocolate con churros, orellas e filloas, ademais do tradicional desfile de disfraces.

Alexandre Otero gaña o Trail de Lousame cunha marca inferior ás dúas horas

O Trail de Lousame bateu este ano tódalas expectativas superando os 500 participantes nas distintas categorías da proba. Alexande Otero e Bea Barroso impuxéronse na carreira longa mentres que Adrián Sesar e Julia Salvado proclamáronse campións do Trail Curto.

Lousame impulsará a natalidade con axudas económicas e servizos de apoio e conciliación

O concello de Lousame impulsa o seu primeiro plan de fomento da natalidade. As familias con fillos nacidos a partir do 1 de xaneiro percibirán unha axuda económica de 900 euros. Así mesmo, contarán con servizos de conciliación e de asesoramento adaptados a cada unidade familiar.

A Deputación da Coruña aproba a subvención para a renovación do campo de fútbol...

A Deputación da Coruña vén de aprobar un convenio co concello de Lousame para a renovación do céspede artificial do campo de fútbol Cabanetán. A través dunha subvención nominativa, investirá 165 mil euros na mellora desta instalación deportiva.

O Trail de Lousame disputarase o domingo 28 de decembro

Lousame presenta a oitava edición do seu trail. A cita terá lugar o domingo 28 de decembro. Como é costume haberá dous percorridos, un longo de 25 quilómetros e outro curto de 14. Coma novidade da presente edición é que a carreira formará parte do circuíto Galicia Trail Runnnig Series da Federación Galega de Atletismo.

Esteban Ares xa é o novo alcalde de Lousame

Esteban Ares xa é alcalde de Lousame. Este mediodía recibía o bastón de mando da man da súa predecesora, Teresa Villaverde. O novo rexedor asume o cargo con ilusión e o compromiso de manter o legado recibido aínda que dende unha perspectiva renovadora.

Emotiva despedida de Teresa Villaverde tras 14 anos como alcaldesa de Lousame

O pleno de Lousame brindoulle unha emotiva despedida a Teresa Villaverde. A que fora alcaldesa durante 14 anos despediuse dos seus compañeiros de corporación dando o relevo a Esteban Ares.

A delegada da Xunta clausura o obradoiro de emprego Lousame-Noia

A delegada territorial da Xunta na Coruña presidiu esta mañá o acto de clausura do obradoiro de emprego conxunto entre Noia e Lousame. Vinte alumnos, dez de cada concello, recibiron o seu certificado de profesionalidade en Actividades Auxiliares de conservación e mellora de montes.

Arranca en Lousame unha nova busca dos restos de Manuel García Hermo

Este luns arrancará no cemiterio de Vilacoba, en Lousame, a busca dos restos de Manuel García Hermo, ribeirense represaliado tralo golpe do 36. A exhumación será levada a cabo por un equipo multidisciplinar coordinado polo prestixioso antropólogo forense Fernando Serrulla e o arqueólogo Andrés Bonilla. Os traballos serán financiados pola Deputación da Coruña, a través da área de Dereitos Civís, coa colaboración da Federación Española de Municipios e Provincias.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete