Os veciños de Ces celebrarán as súas festas cunha sardiñada popular e a orquestra...

A aldea de Ces, en Lousame, vivirá esta fin de semana as súas festas grandes. Ademais da sardiñada popular do domingo, a estrela do cartel será a orquestra Panorama que animará a verbena do luns.

O PP tomba unha proposta do BNG para a reconversión da planta de Servia

O BNG levou ó Parlamento unha Proposición Non de Lei para a reconversión da planta de reciclaxe de Servia, en Lousame. A proposta non saíu adiante ante a negativa do PP que votou en contra da iniciativa que pretendía asegurar o futuro da planta e dos seus máis de 100 traballadores.

O PSOE de Lousame reclama un maior control na execución das obras

LOUSAME> O pasado verán o executivo local realizaba o acondicionamento da estrada municipal entre Aldarís ó cruce de Burzó. Unha actuación que tiña como principal finalidade...

O BNG insiste en que a planta de Servia ten futuro

O BNG mantivo esta mañá unha reunión con representantes do comité de empresa da planta de Lousame para interesarse pola situación actual dos traballadores, e analizar, con eles, posibles solucións de futuro para o complexo medioambiental, que a día de hoxe, parecen incertos.

O BNG esixe maior compromiso da Xunta para ‘salvar’ a planta de compostaxe de...

O BNG vén de mostrar a súa postura respecto ó futuro da mancomunidade Serra do Barbanza, xa que todo apunta a que está abocada ó peche. Os nacionalistas esixen un maior compromiso por parte da Xunta de Galicia para poder salvar a planta e con ela, ós máis de 130 empregados que a día de hoxe traballan nela.

Lousame despide ás participantes no Programa de Voluntariado Europeo

As traballadoras do Programa de Voluntariado Europeo finalizaron a súa estadía en Lousame. o concello brindoulles unha emotiva despedida en agradecemento ó seu labor de dinamización no eido deportivo e sociocultural.

Lousame e Rois contarán cun punto limpo móbil

A Xunta realizou unha achega duns 81 mil euros para a compra dun punto limpo móbil que será compartido polos concellos de Lousame e Rois. Os dous municipios iniciarán a licitación do equipamento para que o servizo poida comezar a prestarse o antes posible.

Lousame fomenta hábitos de lectura entre os máis pequenos con diversas actividades de animación

O concello de Lousame deseñou unha ampla programación cultural para os meses de abril e maio. Os nenos serán os principais destinatarios destas actividades organizadas pola Axencia Infantil Municipal de Lectura.

María Rivas fai balance dos investimentos do Goberno Central en Lousame

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, visitou esta mañá os concellos de Lousame. A visita respondía á rolda de contactos que a representante do Goberno Central está a manter cos concellos da provincia. Na visita fixo alusión á aposta do Goberno por dotar ó rural galego de máis e mellores servizos que axuden a fixar poboación.

O concello de Lousame traballa na mellora das infraestruturas deportivas

O concello de Lousame está a traballar en varios proxectos para mellorar infraestruturas deportivas no municipio. Destacan a renovación da cuberta da pista deportiva do Sanguiñal e o céspede do campo de fútbol de Cabanetán.

REDES SOCIAIS

40,765FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete