A Xunta licita as obras de conversión da vía de altas prestacións Brión-Noia en...

Luz verde á conversión da vía de altas prestacións Brión-Noia en autovía. A Xunta vén de licitar as obras por un importe de 11,2 millóns de euros. Dá resposta así a unha vella reivindicación da comarca para seguir mellorando as comunicacións con Santiago, beneficiando a unha poboación próxima ós 160 mil habitantes.

Presentan en Noia o III Descenso a Nado Río Tambre

NOIA> O concello de Noia acolleu o acto de presentación dunha nova edición do Descenso a Nado Río Tambre. A proba terá lugar o sábado  9...

Inminente cambio de goberno en Noia trala presentación dunha moción de censura

O cambio de goberno en Noia é inminente. O PSOE, co apoio do BNG, a Marea Cidadá e o edil non adscrito, Luís Alamancos, presentaba esta mañá unha moción de censura contra o alcalde, Santiago Freire. O pleno para arrebatarlle a alcaldía celebrarase o 11 de agosto.

A alameda noiesa será escenario este sábado da I Feira do Deporte

Noia celebrará este sábado 26 de xullo a primeira edición da Feira do Deporte. Desenvolverase na Alameda, dende as dez da mañá ás dúas e media da tarde. Haberá stánds de clubs e entidades deportivas locais para dar a coñecer as actividades que realizan.

Noia celebra este sábado o XVII Certame de Pintura ao Aire Libre Juan José...

Noia celebra este sábado a dezasete edición do Certame de Pintura ó Aire Libre Juan José fernández Leiceaga. A cita, reunirá na vila, a preto dun cento de artistas de ámbito nacional e internacional. Co paso das edicións o concurso está a adquirir un maior auxe.

Os noieses recuperan o seu pasado nunha multitudinaria feira medieval

Noia pechou unha nova edición da Feira Medieval con gran éxito de público. A chuvia non afectou á afluencia de visitantes a pesar de que obrigou a suspender o desfile de fachos previsto para o sábado pola noite.

Noia prepárase para revivir o seu pasado medieval

NOIA> É unha das celebracións con maior repercusión das que se celebran na vila, xunto coa festa de San Marcos, razón pola que o Concello...

Noia estrea albergue de peregrinos na Chainza

Unha vez rematada as obras, e listas xa para o seu uso, o concello de Noia estuda como xestionar as novas dependencias do albergue da Chaínza. A idea que manexa o executivo local é deixalas en mans dunha asociación que rexenta este tipo de instalacións noutras zonas de Galicia.

Sete formacións musicais integran o cartel do Bolo Fest que se celebrará en Noia...

Noia acollerá o sábado 26 de xullo o Bolo Fest. Esta romaría contará este ano cun cartel musical moi amplo integrado por sete formacións locais. Entre elas, Puerta Cuatro, A Banda do Lara ou Sara e Majos.

Os praceiros de Noia esixen o remate das obras do mercado que levan máis...

Os praceiros do mercado de Noia piden ó concello que axilice os trámites para retomar as obras de reforma da instalación. Os traballos permanecen traballos ocasionando numerosas molestias a usuarios e traballadores, especialmente ós propietarios dos postos que tiveron que se reubicados.

REDES SOCIAIS

40,760FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete