A Semana Santa de Noia contará por primeira vez cun paso infantil

Noia vivirá a súa Semana Santa cun amplo programa de actividades relixiosas. A principal novidade deste ano será a estrea dun paso infantil. Unha decena de nenos da confraría do Nazareno sairán o Xoves Santo na procesión das Carracas.

A Creba disporá dunha nova sede no centro de Noia

A directora xeral de Persoas con Discapacidade visitou esta mañá as instalacións da Creba en Noia. Begoña Abeijón interesouse polo proxecto de construción da nova sede no que a Xunta leva investidos máis de 350 mil euros.

Un veciño de Noia esixe a retirada duns postes de telefonía que invaden a...

Un veciño de Noia denuncia a existencia de varios postos de telefonía que invaden a súa propiedade. A pesar de que contactou coa compañía e ofreceuse a ceder parte da súa finca para o traslado, segue sen resposta dous anos despois.

O Rali Berberecho de Noia recupera o tramo urbano

Todo preparado en Noia para acoller unha nova edición do Rali Berberecho. A cita, unha das clásicas do motor na nosa comunidade, disputarase os días 4 e 5 de abril, baixo a organización da escudería Berberecho.

Portos creará 400 novas prazas de estacionamento en Noia coa mellora da explanada de...

Portos de Galicia habilitará 400 prazas de estacionamento na explanada de Labarta, en Noia. A actuación, que contempla a pavimentación dunha superficie de seis mil metros cadrados, suporá un investimento dun millón de euros.

O futuro centro de saúde de Noia podería entrar en servizo a principios de...

A adxudicación da redacción do proxecto do centro de saúde de Noia supón un novo avance na tramitación desta gran obra que podería ser unha realidade a finais do 2027. A intención da Consellería de Sanidade é poder licitar as obras ó longo deste ano. O prazo de execución é de dous anos e medio.

Noia pechou 2024 con máis de 700 mil euros de superávit orzamentario

O alcalde de Noia deu conta do bo estado das contas municipais tras aprobarse a liquidación da Conta Xeral de 2024. O superávit orzamentario supera ós 700 mil euros mentres que o remanente de tesourería rolda os 4 millóns e medio.

As obras da ETAP de Noia estarán rematadas a finais de xuño

O alcalde de Noia mantiña a pasada tarde un encontro con técnicos de Augas de Galicia e responsables da empresa que está a executar das obras da ETAP. As melloras avanzan a bo ritmo e a previsión é que estean rematadas a finais de xuño.

Reabre a campaña marisqueira de Noia con máis berberecho que ameixa

Os mariscadores de Noia volveron hoxe á actividade tralo parón do Nadal. Fixérono con topes baixos que non custou acadar no caso do berberecho. Pola contra, a ameixa non abonda, especialmente a babosa e a fina.

Arranca en Noia a Semana Saudable co queixo galego como protagonista

Os queixos galegos con Denominación de Orixe Protexida son os protagonistas da Semana Saudable que arrancou esta mañá en Noia. Unha das primeiras actividades tivo lugar no centro ocupacional da Misela onde os seus usuarios coñeceron os beneficios de consumir lácteos.

REDES SOCIAIS

40,760FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete