Noia licita a reforma integral do parque infantil da Alameda
O concello de Noia acometerá de inmediato a renovación integral do parque infantil da alameda. A actuación, cun investimento de case 67 mil euros, permitirá crear un espazo máis seguro, moderno e inclusivo, con novos xogos, un pavimento renovado e elementos adaptados.
Un cento de deportistas participarán na Travesía a Nado entre Testal e O Freixo
Preto dun cento de persoas daranse cita na Travesía a Nado entre os portos de Testal e o Freixo, organizada por ADECO-DEA. A proba, que se desenvolverá o sábado 15 de agosto, non terá carácter competitivo senón que busca converterse nunha xornada para o deporte e a inclusión.
A área de estacionamento de autocaravanas da Barquiña entrará en servizo nos próximos días
A próxima semana entrará en servizo a área de estacionamento de autocaravanas de Noia. O proxecto, enmarcado no Plan de Sustentabilidade Turística en Destino, supuxo un investimento próximo ós 200 mil euros.
Presentada a novena edición do Trofeo Portus Apostoli
Esta mañá presentábase en Noia a novena edición do Trofeo Portus Apostoli. A cita organizada polo Noia Fútbol Sala, en colaboración co Concello, disputarase no pavillón Agustín Mourís os días 21 e 22 de agosto, coincidindo coas festas do San Bartolomeu. A cita, que se disputará en formato de semifinal e final, reunirá, ademais do equipo local, o Noia Portus Apostoli, ó Palma Futsal, ó Parrulo de Ferrol e a Selección de Indonesia. Un cartel de auténtico luxo.
Noia potencia o talento dos musicos locais no Rúas Vivas
O Campo da Feira será escenario este sábado do Festival Rúas Vivas. Arrancará xa pola mañá con actividades para nenos, un mercado de artesanía e unha sesión vermú.
Noia remata as obras de acondicionamento do entorno da igrexa do Obre
O executivo noiés vén de realizar unha importante actuación que deu coma resultado o acondicionamento do entorno da igrexa do Obre. A actuación financiada cos fondos europeos do Plan de Sostibilidade Turística no Destino, vén a completar a primeira fase das sendas peonís da zona, así como a renovación dos servizos básicos nun dos espazos patrimoniais máis singulares do municipio.
Noia conta cun punto de información turística na Oficina do Peregrino de Porto
O concello de Noia reforza a súa aposta polo turismo cun punto informativo sobre o Camiño da Ría de Muros-Noia na oficina do Peregrino de Porto. O obxectivo é promocionar esta ruta entre os miles de visitantes que pasan diariamente pola localidade portuguesa, un dos principais puntos de partida da ruta xacobea.
Noia avanza no saneamento do concello coa mellora dos pozos de bombeo
A mellora do saneamento é unha das prioridades do actual executivo de Noia. Dende a súa chegada ó goberno realizaron unha serie de investimentos na rede de pozos de bombeos que se presentaba un funcionamento moi deficitario.
O executivo noiés recupera a organización directa da Feira Medieval
Esta mañá presentábase en Noia o cartel da súa feira medieval, unha das citas festivas máis multitudinarias das que se celebran non só na localidade, senón tamén en toda a comarca. A festa terá lugar a fin de semana do 16 ó 18 de xullo e nesta edición virá cargada de importantes novidades.
Alecrín propón o baile como lema de vida cunha tempada chea de actividades e...
A Asociación Taller Alecrín presentou para a tempada 2026-27 unha ampla programación composta por promocións, cursos formativos e actividades. O cartel arrancará a próxima semana cos obradoiros de verán para adultos que se desenvolverán entre o 6 e o 23 de xullo en varios concellos de Barbanza e Santiago.

















