A Xunta destinará uns 600 mil euros á humanización da explanada portuaria de Labarta
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, anunciaba esta mañá en Noia varios investimentos en materia portuaria nesta comarca incluídos nos orzamentos do Goberno Autonómico para 2025. Entre as actuacións previstas figura a reordenación da explanada portuaria de Labarta e a dragaxe do peirao de Testal.
O alcalde de Noia perde a cuestión de confianza vinculada á aprobación dos orzamentos
O alcalde de Noia perdeu hoxe a cuestión de confianza vinculada á aprobación definitiva dos orzamentos municipais. O goberno bipartito noiés, agora en minoría trala marcha do edil Luís Alamancos, atopouse de fronte co resto de grupos que conforman a oposición, que agora terán un prazo dun mes para presentar unha moción de censura.
Máis marisco do agardado no inicio da campaña de Noia
Os mariscadores de Noia volveron esta mañá ó traballo no inicio dunha campaña que comezou mellor do agardado. Abonda a ameixa xapónica e o berberecho de terceira e cuarta polo que non tiveron dificultades para coller os topes en menos de dúas horas.
Noia ultima os preparativos para a Mostra de Curtas que celebra este ano o...
Noia acollerá entre o 30 de outubro e o 9 de novembro a vixésimo quinta edición da súa Mostra de Curtas. Medio cento de cintas participarán no certame. Foron seleccionadas entre os máis de 1200 traballos presentados.
Os mariscadores de Noia volverán ó traballo o luns con poucas expectativas
A campaña marisqueira de Noia arrancará o próximo luns. As perspectivas non son boas aínda que si mellores que o pasado cando a actividade extractiva tivo que paralizarse 10 días despois do seu comezo, ante a escaseza de recurso.
Volven a reclamar cambios na normativa de baleirado dos encoros
As Plataformas en Defensa das Rías de Arousa e Muros-Noia, apoiadas doutros colectivos do mar, como é o caso de varias confrarías, agrupacións de mariscadores e asociacións de bateeiros, veñen de remitirlle un escrito á Xunta, a través do cal, insisten na necesidade dun cambio no actual modelo, para evitar que se repita, un ano máis, a elevada mortaldade de marisco nas praias.
Noia reestrutura o seu goberno trala marcha de Alamancos ó que acusan de transfuguismo
A crise aberta no seo do goberno de Noia coa marcha do concelleiro Luís Alamancos obrigou a reestruturar as distintas áreas do executivo. O grupo popular xa mantivo unha xuntanza cos concelleiros do NOIA para redefinir as responsabilidades de goberno.
Ruptura no seo do goberno noiés coa renuncia de Luís Alamancos tras votar en...
Sorpresa no pleno de Noia. O concelleiro do PP Luís Alamancos votou en contra da proposta de orzamentos do executivo impedindo a súa aprobación. O ata agora edil popular abandona as filas populares aínda que seguirá como edil no grupo mixto.
Investigan a un noiés por unha plantación de marihuana
NOIA> A Patrulla Fiscal e de Fronteiras da Garda Civil de Noia investigou a un veciño da localidade ó que lle atoparon unha plantación...
O BNG de Noia pide que se incremente a partida orzamentaria destinada ás axudas...
O BNG de Noia demanda un incremento da partida orzamentaria destinada ás axudas escolares. Máis de 20 familias quedaron excluídas na resolución provisional das subvencións para o comedor e a compra de material.

















