Noia recupera o Campo da Feira para o uso público
O concello de Noia avanza na posta en valor do centro urbano coa mellora executada no campo de Feira. Procedeuse ó acondicionamento dos xardíns e os camiños así como ó arranxo dos desaugues.
A taxa de criminalidade en Noia sitúase moi por debaixo da media
O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, presidiu esta mañá en Noia, xunto ao alcalde, Francisco Pérez, a Xunta Local de Seguridade. Durante a reunión analizáronse os índices de criminalidade no municipio, que se sitúa en niveis baixos, 29 delitos por cada mil habitantes, moi por debaixo das medias provincial, galega e nacional. Aproveitouse tamén a sesión para aprobar a adhesión do municipio ó sistema VioXén,
Música, cine e literatura para conmemorar as Letras Galegas en Noia
A concellería de Cultura de Noia programou unha serie de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas. Darán comezo xa o venres 1inda que o acto central será o domingo 17 na alameda.
Concluídas as obras de mellora de servizos na Albariza
O executivo noiés dá por concluídas as obras de mellora de servizos na Albariza. A actuación realizouse por Administración, cos propios medios do Concello, o que supuxo un importante aforro de custes para as arcas municipais.
400 patinadores daranse cita no IV Trofeo Portus Apostoli de Grupos Show
400 patinadores de máis de 30 clubs de toda Galicia daranse cita esta fin de semana en Noia. O pavillón Agustín Mourís acollerá o sábado e o domingo o cuarto Trofeo Portus Apostoli de Patinaxe na modalidade de Grupos Show.
Éxito de público nun San Marcos do máis tradicional
Noia viviu o seu fin de semana grande coa celebración dun San Marcos multitudinario. Centos de persoas gozaron da tradicional feira cabalar e maquinaria agrícola, así como dos numerosos espectáculos e concertos que se desenvolveron na vila de venres a domingo.
Pontón reclama en Noia un plan específico para paliar a grave situación do marisqueo
O BNG pediralle á Xunta a declaración de zona de emerxencia por borrascas no litoral afectado ante a grave situación do marisqueo. Así o trasladou a súa voceira nacional, Ana Pontón, despois dun encontro con representantes da confraría de pescadores de Noia. Pontón tamén solicitou a bonificación con carácter retroactivo das cotas da Seguridade Social para os mariscadores afectados e propúxolle á Xunta que asuma a xestión do encoro do Tambre, aproveitando a caducidade da concesión.
Plademar pide a reversión das concesións dos saltos hidroeléctricos do Tambre
Plademar Muros-Noia vén de presentar alegacións ante Augas de Galicia no marco do proceso de extinción da concesión que Naturgy tiña sobre os tres saltos hidroeléctricos do río Tambre. Este permiso de explotación que se outorgaba a esta empresa eléctrica caducou. E iso abre unha oportunidade histórica, que a Plataforma entende que non se debe deixar pasar.
Un total de 140 pilotos tomarán parte no Rali de Noia’26
Onte pola noite presentábase en Noia unha nova edición, a 40 xa, do Rali de Noia. A cita, unha das máis senlleiras das que se celebran en Galicia, terá lugar os días 17 e 18 de abril. Na proba participarán uns 140 equipos.
Noia Histórica repartirá 40 cadeiras de praia na campaña ‘Ola, primavera’
Noia Histórica dá a benvida á primavera cunha campaña comercial para animar as vendas ata finais de abril. Repartirán 40 cadeiras de praias entre os clientes que xunten un mínimo de cinco tíckets de compra por valor de 120 euros en total.


















