O PP de Noia reivindica a súa xestión

O PP de Noia reivindica a súa xestión e acusa ó actual goberno de querer apropiarse daqueles proxectos encamiñados e mesmo co financiamento aprobado. Santiago Freire cifra en máis de seis millóns e medio de euros as obras en execución ou próximas a iniciarse, froito da xestión do pasado executivo.

Noia pon en valor ás mulleres do mar polo 8M

A celebración do 8 de marzo no Barbanza acolleu actos do máis variado. Dende mobilizacións como a da Pobra ata o roteiro para poñer en valor a memoria das mulleres do mar que se celebrou en Noia.

Noia acolle este sábado a primeira das xornadas de intercambio entre os conservatorios de...

O conservatorio municipal Felipe Paz Carbajal de Noia organiza unhas xornadas de intercambio co conservatorio de música de Lalín. A iniciativa constará de dúas xornadas, a primeira  terá lugar xa este vindeiro sábado 7 de marzo, na vila noiesa.

O albergue da Chaínza abrirá as súas portas en Semana Santa

O concello de Noia está a executar dende hai varias semanas os traballos de instalación dos servizos de electricidade, auga e saneamento no albergue da Chaínza. A intervención, que conta cun orzamento duns 44 mil euros, permitirá a súa apertura. As previsións pasan porque os traballos estean rematados antes da Semana Santa.

Arrincan as obras de acondicionamento nos xardíns Felipe de Castro

Esta mañá arrincaban os traballos de acondicionamento dos xardíns de Felipe de Castro, en Noia. A actuación, cun orzamento duns 90 mil euros, será financiada con cargo a fondos Next Generation do Plan de Sostinibilidade Turística en Destino da ARD da Ría de Muros-Noia. As obras permitirán a reparación do actual pavimento, moi deteriorado, e a mellora da accesibilidade en todo o espazo.

Noia investiu 60 mil euros na mellora do campo de fútbol municipal Julio Mato

O concello de Noia investiu máis de 60 mil euros na mellora do campo de fútbol municipal. Ademais da instalación dun equipo de aerotermia, procedeu á renovación dos vestiarios e á impermeabilización de parte da cuberta para eliminar as filtracións.

Noia será punto de partida da XI edición de ‘Os 100 do Barbanza’

Trescentos participantes daranse cita na undécima edición de ‘Os 100 do Barbanza’, unha das probas de ultrafondo máis esixentes de Galicia. Disputarase entre o 20 e o 21 de xuño cun percorrido de 100 quilometros a través de sete concellos das comarcas do Barbanza e Muros-Noia.

Noia abrirá este domingo 22 o Calendario Galego de Andainas

Noia celebra este vindeiro domingo 22 de febreiro unha nova andaina. A proba, organizada polo Club Trabandainas, forma parte da Liga Galega de Sendeirismo. Constará de dúas rutas, unha longa de 25 quilómetros e outra curta de 15, con punto de saída e chegada para as dúas no IES Campo de San Alberto. Prevese unha participación dunhas 800 persoas.

Máis de 1000 deportistas participarán en Noia no Campionato Galego de Remo Ergómetro

Máis de 1000 deportistas, de 150 equipos de toda Galicia, daranse cita este domingo en Noia para participar no Campionato Galego de Remo Ergómetro . Disputarase no pavillón Agustín Mourís a partir das nove e media da mañá.

As confrarías trasládanlle a Mar a preocupación pola alta mortaldade de marisco

Mar analizou cos patróns maiores da ría de Muros-Noia a situación dos bancos marisqueiros afectados pola alta mortaldade de marisco a consecuencia dos temporais. Na xuntanza na que participou a directora xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, Ángeles Suárez, buscáronse solucións conxuntas para dar resposta ás necesidades do sector.

REDES SOCIAIS

40,759FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete