Arquivada a causa penal polo vertido de pellets

O Tribunal de Instancia de Noia acordou o arquivo da causa do vertido dos pellets do Toconao. A investigación concluíu que a caída pola borda dos contedores foi consecuencia dun golpe de ma e que a empresa cumpría cos protocolos de carga.

Noia disporá antes do verán dunha área para autocaravanas en San Lázaro

O concello de Noia traballa na habilitación dun aparcamento público para autocaravanas na localidade. O proxecto, que se emprazará finalmente na zona do paseo marítimo, en San Lázaro, irá con cargo ó programa de turismo sostible en destino xestionado a través da ARD Ría da Estrela.

Restablecido o servizo de auga no casco antigo de Noia tras tres días de...

Restablecido o servizo de auga en todo o casco histórico de Noia despois de tres días de avarías. Os servizos municipais traballaron arreo estes días para tratar de solucionar un problema provocado polas sucesivas roturas en varias tubaxes da rede xeral, todas elas de fibrocemento, con preto de sesenta anos de antigüidade.

Noia abre o calendario de probas da Copa Galicia de 3 horas de Resistencia...

Noia acollerá este vindeiro domingo 11 de xaneiro a primeira das probas do calendario da Copa Galicia de 3 horas de Resistencia BTT para este 2026. A actividade, que se desenvolverá no polígono de Augalevada a partir das doce da mañá, reunirá a uns 200 corredores.

Noia acende un Nadal cheo de maxia e moitas novidades

Noia inaugurou este venres o seu Nadal co acendido do alumeado e unha chocolatada. O programa deste ano inclúe moitas novidades como o primeiro mercado de Nadal, a festa pre-fin de ano e a visita de Papá Noel ás parroquias.

Noia Histórica sorteará este Nadal 5 reloxos intelixentes e un premio de 800 euros

Preto de 60 establecementos participará na campaña de Nadal de Noia Histórica. Ademais do sorteo de cinco reloxos intelixentes, a asociación de empresarios colaborará co concello no sorteo do décimo que repartirá preto de tres mil euros en vales de compra.

Noia porá en valor os xardíns Felipe de Castro cunha mellora da accesibilidade

O concello de Noia vén de sacar a licitación o acondicionamento dos xardíns Felipe de Castro. A actuación suporá un investimento de máis de 90 mil euros, financiados con fondos europeos Next Generation, para a posta a punto  dunha das principais zonas verdes do casco urbano.

O PP de Noia contraataca con facturas de gastos en hostalería presentadas por PSOE...

O PP de Noia saíu ó paso das informacións que cuestionaban os gastos en hostalería realizados polos populares con cargo á asignación do grupo político.  O seu voceiro presentou facturas similares presentadas polos grupos da Marea e do PSOE, ós que acusa de emprender unha campaña de difamación en contra do anterior executivo.

O conservatorio de Noia promove unha xornada formativa sobre instrumentos de vento madeira

O conservatorio de Noia organiza unha xornada formativa sobre instrumentos de vento madeira. Desenvolverase o 13 de decembro no Casino, a cargo do experimentado lutier Pablo Pascua.

O Museo do Mar de Noia reabrirá ó público cunha programación especial

O executivo noiés vén de anunciar a reapertura do Museo do Mar. Será este vindeiro venres, ás sete da tarde, nun acto aberto a toda a veciñanza. Dende o Concello indicaron que era unha das súas prioridades, destacando tamén a colaboración da Asociación Mar de Noia

REDES SOCIAIS

40,759FansGóstame
3,368SeguidoresSeguir
1,520SuscriptoresSuscríbete